Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Esperto e vexo isto:...

Esperto e vexo isto:

CAMPIÓN O BARÇA e detrás do campión, un feixe de equipos.

Campeón:
Equipo que obtiene la primacía en el campeonato. (R. A. E.)

Subcampeón:
Equipo que se clasifica en segundo lugar en un campeonato. (R. A. E.)

En España, pasan cousas inexplicables, case milagreiras.
O equipo campión de liga de fútbol español, é un equipo extranxeiro, según falan na capital de España.
... O "mellor equipo do mundo" namais que logra ser segundo na liga española, por detrás do equipo estranxeiro que acada ser o PRIMEIRO.

Acontece que o mellor entrenador do mundo ainda non gañou nada mentras que un "pito" calquera, gaña o campionato nacional de liga española. Un home de pensamento único como o portugués Mouriño, ainda pode tomar un "chupito" contra o "pupas" para salvar o pelexo.

O campión sobranlle 12 puntos e 3 xornadas para ser primeiro. O mellor equipo do mundo failles falla todo para tomar chupitos. Uns poden ir de vacacións 3 semanas antes de tempo e outros van de borracheira para ver quen bebe o "chupito" que queda dispoñible.

En España, pasan cousas milagreiras, decía ut supra...
Xa ten o seu aquel, que o Madrí xogue contra o "filial" amigo, en Barcelona i entre os dous fagan campionar o Barça sin ter que xogar sequera. Unha noite NEGRA para o equipo BRANCO. (Xa van dúas en menos de un mes).
A min o equipo que mais alegría me da, e o R. Madrí.

Tamén o mellor xogador, o mais rico, o mais guapo do mundo, teña que conformarse con un "chupito" cada ano casementes, ten o seu aquel. Desde que este xogadorazo chegou a Madrí, xa fai un trienio de antiguedade, namais que gañou unha liga e un "chupito". A "xempións" terá que esperar, a liga, terá que esperar, o pichichi, terá que esperar, o balón de ouro, xa veremos... Pero aínda así, sigue sendo o mais guapo, o mais rico e o mellor do mundo, ¡jajaa.!

Felicidades o mellor equipo do mundo por ser segundo. Non e doado.
Felicidades o equipo extranxeiro por ser campión. Non e doado. (Pero e cousa acostumada.)