Querido amigo: Cando fuches o meu xefe, primeiro puxécheme ao fronte da Academia de Analfabetos. Máis tarde, cando fuxiron de alí tantos funcionarios civiles, deixáchesme ao cargo da dirección de tódalas escolas con mestres militares, inda que tal destino retrasou en oitenta e seis días a miña incorporación á vida civil, ata que rematou aquel curso académico.
Hoxe quero devolverte aqueles favores de hai trinta e sete anos.
Como ben dixo Khalif Gibrán, "para menospreciar hay que ser poco". Tés que abandonar este medio no que che faltan ao respecto. Xa che teño eu buscado un entretenimento mellor.
Por iso quero entrevistarme contigo. Mañán irei a Verín. Polas doce do mediodía, agárdote na Cafetería Caruso para ofrecerche un cargo de ringorrango, inda que sen emolumentos. Se te empadroas no meu concello, deixámosche un anaco de monte para facer a túa pirámide, e póñote ao fronte do novo Departamento Veciñal para o Estudio da Mazacuca e as súas Aplicacións na Economía Nacional.
Ata mañán, meu amigo.