Un día destes foi a festa da Canda. Por certo, extraordinario o cartel anunciador con dúas vacas facéndose aloumiños. Parabéns polo diseño, polo inxenio e polo bon gusto. E tamén pola recuperación de festa tan enxebre.
Un dos eventos levados a cabo, despois do lanzamento de aixadas, foi unha gincana na que participaron os mozos de toda a contorna.
O organizador da proba explicoulles deste xeito aos atletas a sucesión das probas a realizar:
"Primeiro subirán en monociclo ata o alto de Marabón. Alí collerán un penedo de dez arrobas que levarán ao lombo ata Castromil. Neste pobo haberá que ferrar un porco sen axuda dos veciños, antes de correr a Santigoso, onde terán un combate de boxeo cun oso maloso e, xa por fin, o que supere todas esas probas e dé chegado á Canda de volta, eiquí, como premio, o primeiro que chegue farálle o amor a esta marabillosa moza loira, que é a Raíña das Festas."
Pasadas cinco horas desde a saída, alá chegou o gañador, un mozo foreiro, todo rebuñado, coas faldras fóra, as roupas esfalamendradas e case sen folgos para falar:
--A ver... Onde carallo está a moza loira esa á que teño que darlle unhas ostias?