Luz ahora: 0,15700 €/kWh

A VILAVELLA: Xa estaba todo entendido. Tamén eiquí lle chamamos...

Sr INDA, sempre tiben un gran respeto po los mèstres e se o mestre e gaiteiro e alcalde e encima e boa persona, pois perdoneme o señor pero sabe que non me refiero a ningun mestre, èo tiben un mestre que si que me aparellaba pero con unha bara de salgueiro, e con todo eso non lle guardo ningun rencor, por que foi o meo mestre e me enseñou o pouco que sei, por eso e algunha cousa mais que DIOS TEÑA NA GLORIA A DON JOSE RIBERA, mestre da VILAVELLA, o outro mestre que èo me refiero non e mestre nin o carallo chamanlle o mestre pero de vez en cando os alumnos pasàmolo po la pedra, pero sempre en boa armonia, bueno sr inda non sei si te acordas cando xugàbamos o futbol no estadio municipal de a TUIZA, pois xa chobeo.... ay moitos anos. CHAO AMIGO.

Xa estaba todo entendido. Tamén eiquí lle chamamos aparello, e somanta, a unha malleira no xogo. E se un presume de mestre dese xogo, leña nel.
O que pasa é que nos gusta xogar coas palabras, decindo algunha andrómena e pensando que non molestamos a ninguén.
Ai, aquelas varas que algún mestre mandaba cortar, para logo estrenalas no que as trouxera. De salgueiro? As de abelaira tamén eran boas, inda que para os burros, as mellores eran as de acevreiro.
Ben me lembro das zorregadas que algún vello lle daba ao seu xumento cunha boa vara de acevro, para sanalo de non sei qué carallo de doenza.
Daquela non facían falta veterinarios. A rela, a pieira,... xa tiñan remedios herdados de pais a fillos. parece que ás veces chegaba cunha sinxela plegaria, ou co responso.
Lémbrome do fútbol na Tuíza, na Vilavella por riba da gasolineira, e da boa harmonía que sempre houbo entre as mocedades dos nosos pobos.