Luz ahora 0,13515 €/kWh

A VILAVELLA: Don José era o crego daquel pobo. Un bendito de Deus,...

Don José era o crego daquel pobo. Un bendito de Deus, inocente, coma se todo o ano fose vinteoito de decembro.
Pero unha tarde ao querer empardecer, cruzouse na rúa co menciñeiro --que non pisaba na igrexa-- e, ao darse as boas tardes, o médico botoulle unha man polo ombro e faloulle deste xeito:
--Mire, Don José. Nin eu paso pola igrexa, nin vostede pisa na miña consulta. Pero ese bandullo tan abultado que nunca lle vira deica hoxe non me ten moi boa pinta. Veña mañá pola mañá, que lle botamos unha ollada, que a cousa poidera ser moi seria.
E foi Don José pola consulta algo amedrentado. E a cousa era tan seria, que naquel mesmo intre tivo que pórse en camiño cara Bragança para facerse unhas probas no Hospital.
Os especialistas, ao veren o bulto que albergaba o bandullo, decidiron sen máis protocolos pasalo polo quirófano e botar fóra aquel tumor, inda que non fose maligno.
Cando Don José despertou da anestesia, deitado naquel cuarto do hospital, o primeiro que viu foi un berce ao carón do seu leito.
--Pero isto que é...? --berrou aquel santo home.
--Pois mire, Don José... --contestoulle a enfermeira-- Ese meniño tan fermoso que durme no berce élle o seu tumor...
Aquela mesma noite nacera o cativo, e a súa nai, que non tiña ren para mantelo, decidira deixalo no hospicio. E as enfermeiras e auxiliares decidiran gastarlle esta pequena facaltruada ao noso Don José.
O bo home sacou unha man de debaixo da saba e, limpando a faciana cheíña de suor, falou en voz moi baixa:
--Ben... Pero, por favor, que non se espalle esta nova, que un sacerdote non debe andar nas bocas dos parroquianos por unha cousa coma esta. Eu levarei o neno para a aldea, direi que é meu sobriño, e criareino. Na miña casa nada lle ha faltar.
E así foi. Don José tiña na Moimenta una boa casa, e vacas e prados a fartar nas Carvalhas. Os caseiros criaron aquel neno, que ía ser no futuro o propietario de todo aquel capital. E mentras medrou, o Zecinho foi para todos os veciños o sobriño do crego. Un mociño traballador, ben parecido e amigo de todos, sobre todo das boas mozas.
Pero cando xa Don José era un velliño e viu vir á da gadaña polo camiño, mandou chamar ao Zecinho para revelarlle tan grande segredo, que non quería levar aquela carga á sepultura.
--Mira, Zé. Xa eres todo un mozo. Tés a vida resolta: os mellores prados, as mellores leiras e hortas das Carvalhas, máis toda esa vacada... Todo vai ser teu, agora que morro.
--Non, meu tío, vostede non vai morrer endexamáis!
--Claro que vou morrer. Pero antes teño que contarche un segredo... Nunca máis me chames tío, porque eu non son teu tío...
--Iso xa o sei. Sabémolo todos. Claro que vostede non é meu tío... Todos o saben...
--E qué é o que saben todos?
--Que vostede non é meu tío. Que vostede é meu pai.
--Non! Eu non son teu pai. Eu son túa mai! Teu pai é o bispo de Coimbra!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Aprezado Inda: Nahún teño ningunha dubida do que o sinor contar, más o caso íse foi un bocadito más imbaixo,é decer como o sinor o conta parece como si fora meu pai, pero nahún é assín, de tudas manerias no ramo dos padres debe haber de tudo como hombres que sahún, pero en el caso do santo del padre Xosé que me acompaña casi sempre é un santo foi inganado como eu, por facer un ben a parrocaia puso no seu día o diñeiro en bon recaudo,é decer nas famosas letras do tesouro que o sinor Ruiz Matos no ... (ver texto completo)