Factura rebajada un 25%

A VILAVELLA: Ca, home, ca. Esa información está preñada e, tal como...

Ca, home, ca. Esa información está preñada e, tal como se dá, non pode ser sometida a ningunha comparación con outros países.
Non todo o que se encontra escrito por aí é certo. E logo está o criterio utilizado para definir o concepto de "político". Unha cousa son os políticos, e outra moi diferente os "asesores" que contratan determinados políticos, que tal vez precisan tanto asesoramento por falta de conocimentos.
Pero falareille do que máis coñezo para demostrarlle algúns erros nese disparatado catálogo:
- Todos sabemos que o Congreso está formado por 350 deputados e o Senado por 266 senadores. 350 + 266 = 616 entre deputados e senadores. Logo o catálogo xa minte no primeiro renglón.
- O número de alcaldes non é 8.112. En España hai 8.119 alcaldes. 7 máis do que dice ese catálogo. Pero para ser alcalde hai que ser concelleiro, polo que todos os alcaldes xa están contabilizados no nº de concelleiros. Logo estamos duplicando.
- O nº de concelleiros tampouco é 65.896, senon 68.462, que son máis. Outro erro para non crer nese catálogo.
- Para seres deputado provincial hai que ser concelleiro, logo todos os deputados provinciais xa están contabilizados nos concelleiros. O mesmo pasa cos Cabildos e Consellos Insulares e Consellos Com, arcais (Val de Arán ou o Bierzo e as comarcas de Cataluña).
- Todos os políticos das Mancomunidades son obligatoriamente concelleiros ou alcaldes, polo que tampouco procede a súa duplicación.

Entre 1.987 e 1.995 eu mesmo fun ao mesmo tempo: alcalde, concelleiro e deputado provincial. Eu só son unha persoa, logo non podo contar coma tres. Daquela cobraba na Deputación os gastos de dietas e locomoción os días que tiña pleno ou sesión das Comisións das que era membro. Non tiña ningún tipo de paga polos cargos de alcalde e concelleiro.
Agora mesmo son: concelleiro, alcalde, membro da Asamblea da Mancomunidade Alta Sanabria e presidente da mesma. Concelleiro + alcalde + mancomunidad (todos os políticos das Mancomunidades son concelleiros dos Concellos que forman esa Mancomunidade). Non percibo paga ningunha por ningún dos tres cargos, e nembargantes contabilizo tres veces nese mentireiro catálogo.

En fin, amigo OTORROAL. Aparecen ata os membros dos Consellos Reguladores. Os Consellos Reguladores son un asunto de naturaleza privada para velar por os intereses das Denominacións de Orixe. Aparece a Patronal, as Cámaras de Comercio. Eu creo que contabiliza ese catálogo ata os maquinistas do Alvia, o médico de Lubián ou a directora do colexio.
O señor Montoro, baseándose en informes coma éste, quere suprimir concelleiros de pobos pequenos, deses que non perciben un can. Un verdadeiro disparate. Imaxine que suprimen o concello da Mezquita para facer un Concello de 50.000 habitantes con cabeceira en Verín.
Que supriman determinados postos de traballo, deses de designación directa: asesores e demáis mamandurrias. Pero políticos de verdade non sobra ningún.