Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: UNHA CANCIÓN FOI PROHIBIDA NO SUR...

UNHA CANCIÓN FOI PROHIBIDA NO SUR

Sob as lonas da jaima cheira a menta.
O frautista pasea tocando a carón dos farois
aliñados nas alfombras.
A frauta imita paxaros que non hai
namentras a bailarina sae ao medio da tenda
empuxada polas palmas e as voces
que repiten dez ou cen veces o único verso da canción.

A bailarina tende as mans pintadas
pra coller primeiro e rexeitar despois
algo que vai e ven polo áer.
Da roda das mulleres sae o berro; sriií!
O príncipe Beiruc inclínase ofrecéndome un vaso
de té.

--É unha canción do norde, marmuria ao meu ouvido:
"Muller fermosa, pídeme unha cousa de precio",
di a letra.
Cando a cantaban nas jaimas do sur.
os guerreiros do norde soñaban coas súas mulleres
e fuxían na noite, namorados desertores.