Alá nos tempos de María Castaña, cando o Zé das Carvalhas e a Pita casaron, ela levou para a casa un baúl enorme, pedíndolle ao seu home que respectara a súa intimidade, e nunca o abrira.
O Zé fixo caso, e durante vinte anos nunca abriu aquel baúl, nin nada preguntou sobre o asunto.
Pero un día xa non puido aturar máis, e díxolle á Pita Moñuda que lle descubrira o segredo.
A ela doulle dó del, e abriu aquel raio de baúl. Dentro había vinte mil duros e catro patacas.
O das Carvalhas, asombrado, preguntou:
--E logo que fan aí esas catro patacas?
E a Moñuda confesou:
--Unha por cada vez que che puxen os cornos.
El daquela, mirándolle aos ollos, díxolle:
--Non te preocupes, muller. Iso é de perdoar. Catro veces en vinte anos ven sendo un engano cada cinco anos. Iso non é moito. E os vinte mil pesos?
Entón ela contestou, mirándoo de esguello:
--As cen mil pesetas, verás...: Cada vez que se encheu o baúl de patacas, vendinas.