No autobús da Mezquita a Verín un crego ía sentado ao lado dun home bébedo que case cichaba viño polas orellas.
Aquel home peneque lía o xornal con moitas dificultades. De súpeto virouse cara ao crego, e con lingua de trapo preguntou:
--Señor, vostede sabe o que é a artritis?
O cura pensou uns intres, e non quixo deixar pasar a oportunidade de soltarlle un sermón a ser tan descarreirado:
--Sí, home. A artritis élle unha doenza causada polas borracheiras, polas relacións con mulleres pecadoras, a promiscuidade... É coma un castigo por todo iso.
Aquel perdidiño pecador remelou daquela os ollos, e seguiu a ler, calado, no xornal.
Pero o crego quería máis sermón, e preguntoulle:
--Daquela vostede ten artritis... desde hai moitos anos?
--Eu? --contestou o bébedo-- Eu non señor. Eu non lle teño nada diso. Eu pregunteille porque pon eiquí, na Región, que o Papa padece de artritis.