Rebaja tu factura AQUÍ

A VILAVELLA: UN BEIXO ONDE MÁIS LLE PLAZCA?...

Aprezada ex, parece mentiira que sexas tú a que te queres reir de min, tú sabes porque béin eu a g nunca le puxe punto, además el padre sempre me dixo que a la j se le puña alguha vez más a g nunca, logo dices que sei escreber pobre de min sei eu como me vexo xa se me daba mal cuando o facia no ordenador que me regalou o xefe más agora desde que se estropeu co telemovil nahún dou unha a dereito muntas veces eu poño unha coisa y el pon outra, sólo sabe Deus y eu como me vexo.
Dale lembranzas miñas al sinor Tilisforo y tú recebe de min un beixo donde más te plazca

UN BEIXO ONDE MÁIS LLE PLAZCA?
Ai, señor Vintecinco, non sei como o noso amigo Romerales é quen de aguantarlle tal atrevemento. Un bico onde máis lle guste...
Claro que ben sei eu de boa tinta ata onde chegou vostede coa aquela Pita adolescente...
Din por aí que unha tarde daqueles tempos a nai da rapaza mandounos pasar para dentro, porque na rúa facía unha viruxe de mil carallos. Quedaron os dous sos no salón, mentres a nai furgaba na cociña.
E cando máis acaramelados estaban, berrou aquela señora, facendo que a parella pegara un pulo naquel escano:
--Pasade a merendar!
Vostede, Zé das Carvalhas, botoulle logo a man a un dos pasteliños que había no prato, e papouno de dúas bocaradas.
--Ai, señora --dixo de contado-- Qué sabrosos estes pasteliños de bacallao!
--De bacallao? Anda, vai lavar as mans, rapaz, que os pesteliños sonche de coco!