Factura rebajada un 25%

A VILAVELLA: Bueno, bueno, bueno... El hecho es cierto, pero este...

O CUBA FLOÏD

Chamábanlle "bolingas" aos lexionarios borrachos, que había ben deles no meu Tercio.
Farto de tantos peneques, o coronel decidiu concentralos nun lugar aislado do interior do Sahara, famoso polo seu pozo profundo e cristalino de abundante auga: Bir Enzaram. Quería facer deles persoas sobrias e lexionarios exemplares.
Ao frente do Destacamento puxeron ao daquela teniente Telesforo Romerales, home reflexivo, introvertido, con reberetes de poeta, dado a meditación transcendental e inimigo teimoso das parrandas etílicas.
Para canalizar a vitalidade agresiva da súa tropa naquel apartado lugar, o teniente empezou por organizar partidos de fútbol, pero tivo que cambiar de método ao pouco tempo, porque eran moitos os aleixoados en cada partido, polas pelexas e couces que se daban entre eles.
Decidiu entón intensificar a teórica sobre os perigos latentes do alcol. E todos atendían contentos, pampos, relaxados...
Encontrou a resposta a tanta paz e atención por casualidade, ao revisar os suministros enormemente elevados de masaxe para o afeitado. Os seus bolingas inventaran o "cuba-floïd", que non so proporcionaba unha euforia agradable e superlativa, senón tamén un alento perfumado, e deixaba o cutis coma o dos artistas de cine.
Daquela limitou Romerales os suministros de masaxe facial e tamén os de coca-cola. Había que beber máis auga cristalina daquel pozo para iren purificando o sangue.
Dous meses máis tarde decatouse de que no Destacamento había dous tipos de coca-cola. A destinada para el era a tradicional, pero a da tropa estaba ben adulterada con xinebra con grande placer para os seus subordinados e para a economía do suministrador.
Así é que os bolingas cada vez andaban máis contentos, e o teniente cada vez máis ciclotímico.
Cando por fin foi relevado de tan deprimente destino, encontrouno o coronel no bar de oficiales de Villa Cisneros chimpando cubatas, como auga bebe un dromedario ao chegar a un oasis.
-- ¿Desde cuándo bebes, Romerales? Tú eras abstemio.
--Ya ve, mi coronel. Los bolingas me curaron.

Bueno, bueno, bueno... El hecho es cierto, pero este servidor de la Patria no fue su protagonista. Aquel teniente no era Romerales. Se apellidaba Acón, don Inda. Y el remate de la historia es una más de sus ocurrencias, puesto que Acón fue incapaz de recuperar aquellas piltrafas humanas alistadas al Tercio, sí, pero jamás dejó de ser abstemio.