Luz ahora 0,09000 €/kWh

A VILAVELLA: UNHA PEQUENA XIRA POLAS RÍAS...

UNHA PEQUENA XIRA POLAS RÍAS

--Bo día, señor. Eiquí pon Combarro, pero non vexo por onde baixar á beira do mar.
O da moto que viña de parar onda o meu coche, botoume unha ollada de arriba a abaixo antes de me contestar.
--Coñece vostede a zona.
--Traballei en Pontevedra hai xa cuarenta e tres anos, pero acho isto moi desconocido.
--E en que traballou, se se pode saber?
--Fun mestre no Colexio Atlántico.
--Daquela vostede é falanxista.
--Como di?
--Falanxista, digo. Eu tamén son mestre xubilado, e o colexio Atlántico era dos falanxistas, e alí só viñan mestres falanxistas.
--O Colexio era do Frente de Xuventudes, sí. Ata tiña o xugo e as flechas por algún lado, pero eu nunca lle cantei o "cara al sol". E podo dicirlle que fun o educador da planta dos estudiantes universitarios da Residencia, e que alí había un espíritu máis democrático do que hai hoxe en moitos centros. Eu mesmo me encargaba da disciplina con alumnos que tiñan tanta edade coma min, e nunca tivemos ningún problema. Podo dicirlle tamén que, para espertar, era eu o que puña a música...
--Prietas las Filas.
--Non señor: Paolo Diniz, The Beatles, Pekenikes,...
--Pois aí só entraban os que traían os falanxistas de fóra de Galicia, e vostede é galego.
--A min escolleume para ese traballo, ao rematar a carreira, o profesor de Educación Física da miña Escola Universitaria de Zamora, que era galego. E como ben parece saber vostede, ese colexio é inda hoxe o Centro de Alto Rendimento de Atletismo.
--Sí, xa sei: onde machacan aos deportistas.
--Moi ben. Faría o favor de indicarme por onde se baixa?
--Sí, ho, sí: dous kilómetros máis adiante.
Dáme por pensar que hai tanta xente que marcha no cadaleito sen madurar...
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Ouvin decir por as Rias Baixas, que vostede tiña un gran amigo por Cangas do Morrazo... enton conviña se vostede o considera oportuno, que lle dera unha visita e depaso visitar e compartir cun par de duceas de ostras con outro viciño da Vilavella que o convidará mui gustosamente a ese molusco cun alvariño "terras gauda" perto da saida da estación marítima de Vigo.

Unha aperta de Carballo...!