Factura rebajada un 25%

A VILAVELLA: Pero vostede me está a falar de Pazos Varela, o novo...

UNHA PEQUENA XIRA POLAS RÍAS

--Bo día, señor. Eiquí pon Combarro, pero non vexo por onde baixar á beira do mar.
O da moto que viña de parar onda o meu coche, botoume unha ollada de arriba a abaixo antes de me contestar.
--Coñece vostede a zona.
--Traballei en Pontevedra hai xa cuarenta e tres anos, pero acho isto moi desconocido.
--E en que traballou, se se pode saber?
--Fun mestre no Colexio Atlántico.
--Daquela vostede é falanxista.
--Como di?
--Falanxista, digo. Eu tamén son mestre xubilado, e o colexio Atlántico era dos falanxistas, e alí só viñan mestres falanxistas.
--O Colexio era do Frente de Xuventudes, sí. Ata tiña o xugo e as flechas por algún lado, pero eu nunca lle cantei o "cara al sol". E podo dicirlle que fun o educador da planta dos estudiantes universitarios da Residencia, e que alí había un espíritu máis democrático do que hai hoxe en moitos centros. Eu mesmo me encargaba da disciplina con alumnos que tiñan tanta edade coma min, e nunca tivemos ningún problema. Podo dicirlle tamén que, para espertar, era eu o que puña a música...
--Prietas las Filas.
--Non señor: Paolo Diniz, The Beatles, Pekenikes,...
--Pois aí só entraban os que traían os falanxistas de fóra de Galicia, e vostede é galego.
--A min escolleume para ese traballo, ao rematar a carreira, o profesor de Educación Física da miña Escola Universitaria de Zamora, que era galego. E como ben parece saber vostede, ese colexio é inda hoxe o Centro de Alto Rendimento de Atletismo.
--Sí, xa sei: onde machacan aos deportistas.
--Moi ben. Faría o favor de indicarme por onde se baixa?
--Sí, ho, sí: dous kilómetros máis adiante.
Dáme por pensar que hai tanta xente que marcha no cadaleito sen madurar...

Ouvin decir por as Rias Baixas, que vostede tiña un gran amigo por Cangas do Morrazo... enton conviña se vostede o considera oportuno, que lle dera unha visita e depaso visitar e compartir cun par de duceas de ostras con outro viciño da Vilavella que o convidará mui gustosamente a ese molusco cun alvariño "terras gauda" perto da saida da estación marítima de Vigo.

Unha aperta de Carballo...!

Pero vostede me está a falar de Pazos Varela, o novo alcalde de Cangas, quen foi compañeiro de traballo eiquí, na Escola de Lubián, ao longo de catro anos. Mestres, titiriteiros,... e agora alcaldes os dous. Tamén coincidimos nun tempo como deputados autonómicos, un en Galicia por Esquerda de Galicia e o outro en Castela polos socialistas.
Vémonos de cando en vez, inda que xa hai para media ducia de anos que non coincidimos. A última vez foi na miña casa: veu a familia para ver a neve, que a filla nunca a vira.
Agora ten que andar moi ocupado, que o concello de Cangas terá preto de 20.000 habitantes, e ten que dar moito que facer. Xa vin que lle plantou cara a un clan que dominaba os postos do mercado. Éche un tipo moi íntegro e valente.
Se por casualidade o vira, delle unha aperta da miña parte. Unha aperta de carballo, que as de buxe deixámolas para os gaiteiros.