Luz fijo a 0,11115 €/kWh

A VILAVELLA: TRANSLACIÓN DE INCHAZÓN...

TRANSLACIÓN DE INCHAZÓN

Había daquela na miña aldea un carpinteiro moi maior que, cando deixou de facer e arranxar carros, e de subir aos louxados para amañar as ripias, viña entreténdose na súa xubilación en facer badalos para os chocallos. Era o tío Farruco.
Tantos eran os badalos que daba feito, que xa non había chocallos para tantos; pero el seguía a facelos, sobre todo badalos grandes para zumbos, que así lle chamábamos nós aos máis mores dos chocallos.
El pensaba que non, pero era un segredo á voces que Farruco últimamente viña traficando cos máis grandes dos seus badalos como consoladores. Era un xeito moi ocurrente para complementar a súa pequena pensión.
Andaba unha tarde de verán suavizando no seu banco un daqueles aparatos, cando ouviu voces de angustia na rúa, polo que saiu co formón que andaba a utilizar na súa man.
Era unha señora de bon ver, cunha saia desas longas moi remangada pola entreperna, brincando e berrando, coma se fose tola...
--E logo que lle pasa, señora?
--Que me mordeu unha avéspora na brilla, señor! Ai, que vou morrer!
--Para que non inche, señora, convén apretar na picadura cunha cousa de metal. Permítame.
E colocou aquel formón alí, co gume asustando á farragacha morena, ao longo duns minutos, ata que cheguei eu por casualidade, espantando aquela marabillosa escea. Ela deixou caer a saia, deulle as grazas ao vello, e seguiu o seu camiño.
--Entón, tío Farruco, inchou ou non inchou?
--Cala, carallo! A ela non. Pero o demo do formón transladoume a min a inchazón, e iso que non inchaba desde que Franco finou.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
A todo le sacas punta, mal amigo en este caso. Sólo te contestaré con una adivinanza:
¿Sabes cuál es el animal que pone los huevos más gordos?
Sí, señor. La misma. Esa que se me metió a mí entre las gasas de mi falda.
Ojalá te acontezca a tí y te los ponga como calabazas.
Un cordial saludo de tu buena amiga, pillín.