Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: O UNTO DA VELLA...

O UNTO DA VELLA
Unha vez foron uns cuantos cazadores a cazar a unha serra e perdéronse, e foron dar a un lugar moi pobriño, onde buscaron pousada, sen achala ata que deron cunha velliña que vivía sola, que se compadeceu deles e que lles dixo que os deixaba durmir alí; pero que non tiña nada que lles dar de cear.
--Ben --dixeron os cazadores--; traemos nós caza bastante. Só nos fai falla unha pouca grasa para gobernala.
--Sí..., grasiña! Xa non acordo a probala.
--E logo vostede de qué vive?
--De qué vivo? De miseria. Dun caldiño sen grasiña e do leite que me dá unha cabriña que teño, que a vou muxir agora mesmo para cear.
E foi a vella e colleu un pucheiro e marchou ao curral a muxir a cabra. E mentres tanto quedaron os cazadores dicindo:
-- Pero esta xentiña vivirá como di esta velliña, sen probar a grasa? --dixo un.
--Ti créelo? --dixo outro-- Imos mirar por aí, xa verás como lle imos encontrar grasa guardada.
Anderon escachouzando por toda a casa ata que atoparon un anaco de unto nunha arca.
--Non volo dicía eu?. Eiquí tendes a proba de que nos engañou a vella.
Colleron o cacho de unto e botáronllo as dúas perdices que tiñan a guisar, e así que estiveron guisadas, cearon e foron á cama. De alí a un pouco ouviron fungar á vella que andaba furgando na artesa, na arca e por toda a casa adiante. De pronto veu cara onde a cama rancheira, na que se deitaran os cazadores, e díxolles, insultándoos:
--Desgraciados! Desagradecidos! Facer o que me fixestes despois de darvos pousada! Se neste mundo non se pode ser boa. Galopíns!
Daquela, díxolle un dos cazadores:
--Pero muller, vostede por qué berra tanto?
--Por qué hei berrar, desagradecidos? Tiña ese anaquiño de unto guardado coma unha reliquia, e coméstemo.
--Bó! Por iso non se apure, que xa lle daremos cuartos para mercar un unto enteiro.
--Moi ben! E esta noite como me arreglo? Era o untiño que tiña para untar as almorranas ao deitarme!

(Recollido por Don Laureano Prieto en Viana do Bolo nos anos sesenta).
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Como alumno de Don Laureano, "el cual tenía una hábil forma de enseñar" gran maestro y amante de la naturaleza, tengo grades anécdotas de su persona.
Nacido en Carracedo da Serra, se dedicó a recopilar cuentos, fábulas y vivencias de nuestra tierra, contadas por los vecinos de cada pueblo.

Un recuerdo a su persona.