O ARRIEIRO E AS BRUXAS
Naqueles tempos do demo, no seu camiño, foi parar un arrieiro co seu burro nun mesón rexido por unhas bruxas.
Cando dormía, sempre cun ollo pechado e o outro a medio abrir, viu como as bruxas trouxeron un cacharro cunha beberaxe que non beberon, pero untáronse co ela, e unha vez untadas saíron como foguetes polo burato da cheminea para riba.
--Cara onde irán estas fandangas? --pensou el naquel intre. E para saír de dúbidas, pensou: "Se unto o burro, igual fuxe pola cheminea, e non o volvo a ver. Se unto a albarda, pasará outro tanto... Ben, untaréi a albarda, que é menos perda."
Untou a albarda co aquela beberaxe, e voou, inda que andou a rozar a cheminea para riba e para baixo, ata que o burato medrou, e deu saído por ela.
Despois, ao vere que a xaropa funcionaba, untou o burro, e tamén marchou polo burato. E untouse el meso, e saíu coma un lóstrego por aquela cheminea deica Sevilla, onde se celebraba un congreso de bruxas.
El levaba unha subela sempre co el para arranxare a albarda e mais as alforxas cando facía falta amañalas.
No congreso as bruxas andaban a danzar ao redor do demo cunha música infernal. O demo estaba en pelotas no medio, e según ían pasando, todas as bruxas lle daban un bico no cu. O arrieiro meteuse na danza, como unha máis das bruxas, pero en vez de bicalo, ferráballe a subela naquel cu fedorento.
Entón o demo, canso xa das subeladas, mandou parar a danza e berrou:
--Todo está moi ben, sí; pero esa última que entrou, que dance sen bicar, que lle rascan moito os cañotos do mostacho.
(Conto popular recollido por Cruz, da Gudiña, a un home do meu pobo que xa se foi, que sempre admirei, o que foi o meu teniente de alcalde na primeira lexislatura democrática do noso concello, cando o alcalde so tiña vintesete anos)

Felicidades D. INDA CHO SEI por el bonito cuento... con el cual nos hemos reido toda la familia un buen rato.