Rebaja tu factura AQUÍ

A VILAVELLA: Eu tamén fun un daqueles que pasou o examen para acceder...

AQUEL RAPAZ
Entre outras moitas cousas, meu pai era un muiñeiro fillo de muiñeiro. Muiñeiro de maquila: por cada mina que moía, un cuartillo de fariña para casa.
No muiño había que picar a pedra de cuando en cuando, para que fixera bo labor, sacando farelos e unha fariña fina. Para min o día que meu pai picaba o muiño era un día moi feliz. Esborxábamos a preseira na madre, e mentras o muiñeiro picaba a pedra, o rapaz limpaba a caldeira de cabo a rabo. Enchía un garabito de troitas no que o demo frega un ollo. Habíaas moi pelexonas, nas puchancas que quedaban na caldeira, polo que o rapaz non aprendeu nunca a picar a pedra, pero sí conseguíu o máis mór dos xeitos para apañar troitas á man, primeiro na preseira do muiño, e logo debaixo das pedras do Tuela.
Aquel rapaz, ao cumplir os once anos, foi a Zamora para facer un examen para unha beca daquelas do Mariscalísimo, por empeño do mestre da escola, que convenceu ao labrego muiñeiro para que o rapaz aprendera máis cousas que na escola xa non podía aprender. O pai non as tiña todas con el, que se mandaba o fillo mór ao estudio, logo detrás había outros catro cativos, e nin o capital, nin o muiño, nin a carpintería daban para tanto.
O caso foi que aquel mesmo ano o rapaz acabou interno no mellor colexio de Zamora, e ao longo de nove anos só viña polo pobo no Nadal, Semana Santa e no verán para a sega da herba, a seitura, a carrexa, as mallas, a sementeira, os ramallos e... volta para os estudios.
Xa no primeiro ano levaron a súa clase de excursión a Segovia, alá polo mes de maio. E despois de quedar pasmados coas vistas do Alcázar, da Catedral e do Acueducto, visitaron tamén unha fábrica en Palazuelo de Eresma: a fábrica do whisky DYC.
Comendo o bocadillo naquel bosque, a pandilla do fillo do muiñeiro asomouse á beira do río, e o rapaz logo lle botou un ollo a unha troita cuarterona que se meteu debaixo dunha pedra. Dixo que el era quen de collela, e os compañeiros pensaron que iso era imposible. Así que botou toda a roupa fóra, e alá se cravou en pelotas, deitado na auga coas dúas mans furgando debaixo da pedra, mentres os outros berraban divertidos.
Nun intre douse a volta cara a eles coa troita nas mans, cando viu de fronte a un home cun uniforme raro, unha cincha con escudo que lle atravesaba o peito, e un chapeu de pano verde. E xa viña correndo un dos curas profesores, asustado coa escena: alí estaba o Indiña espido, coas pernas metidas no río e unha troita nas mans, coma un neno indíxena dunha reserva india.
Non pasou nada. Pousei outra vez a troita no río, acariñándolle o lombo, mentras o garda e máis o crego coleaban con certa admiración.
Xa en Zamora, no colexio, aquel profesor chamoume a parte, e díxome que tiña que quitarme da testa todas as mañas que traía do pobo, e ir adquirindo unhas pautas de comportamento máis acordes coa miña formación.
Pero esas mañas non hai xeito de sacalas...

Eu tamén fun un daqueles que pasou o examen para acceder a unha beca solo que ya deron a quen non se examinou nin por formación ya iban a dar tomando parte do asunto e a mi deixándome tirado,
Tuven que buscarme a vida e ahora din que son adepto de aquel xeneral, e quen o iba a decir, os descendentes de aquees caciques son che todos necionalistas e os que por aquí che estou Eu foxose de Podemos.
Al quen non se de conta que haiche moito figurante e por non dicir cousa peor réplicas de aquel Torquemada