Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Ernest era un buen profesional. Está incluida en las...

DAQUELA AMÁBAMOS AOS NOSOS POLÍTiCOS. ERAN OUTROS TEMPOS.

Na rúa Fernanflor hai unha porta pola que entran ao Congreso dos Deputados os periodistas acreditados. Un día de outobro de 1977 estaban nesa porta falando o deputado Ernest Lluch e o xornalista Josep María Sanmartí, que era corresponsal en Madrid do diario Avui. Entón pasa unha parella cunha nena duns dez anos, e a nena vólvese a eles:
-- ¿Son ustedes diputados?
--Yo no, bonita. Este señor sí--contestoulle o periodista.
Daquela ela abriu unha caixiña que levaba na man, e ofreceulle a Ernest Lluch os seus caramelos de cores que levaba na caixiña.
Naqueles tempos a palabra "deputado"era para os españois sinónimo de esperanza e de liberdade, de entrega ao interés da colectividade. Houbo ese tempo no que amámabos a aqueles políticos: arranxaban problemas, falaban de cousas interesantes, parecían preto de nós e non andaban maleados polo poder.
Ernest Lluch foi de todos os xeitos unha das mellores personas que pasaron polas Cortes. Sendo voceiro dos Socialistas Catalais no Parlamento, falaba cos periodistas alá onde o pillaban: na cafetería, nos corredores, na rúa. Onde fose. E sen concesións ao partidismo, sempre con afán pedagóxico:
--Nosotros defendemos esta postura y ellos defienden otra que también tiene sus razones...
En 1982 foi nomeado Ministro de Sanidade por Felipe González. E ese mesmo día foi dormir ao piso de Lavapies que tiñan alugado media ducia de deputados socialistas cataláns, a atopouse co leito xa ocupado polo deputado Luis María Puig.
--Creí que ya no venías. Como eres Ministro...
--Que sea Ministro no significa que tenga casa.
E no ano 2000, cando a súa bondade natural e o seu instinto político o levaron a defender solucións dialogadas para acabarmos co terrorismo, os terroristas respondéronlle asubelándoo a tiros no mesmo garaxe da súa casa.

Ernest era un buen profesional. Está incluida en las 858 victimas, pero nadie cuenta las victimas indirectas que afectan a cada una de ellas. Familias, compañeros, amigos... Parece que han emprendido el sueño del olvido. Y de eso, por desgracia, sé algo.