Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: He querido decir contos y no cobros.

MOZA CASADEIRA

Había na aldea unha moza naqueles tempos nos que os mozos e mozas marcharan todos para Alemania.
Ela quería saír tamén, pero os pais tiñan moito capital e viña sendo unha deshonra que a filla marchara fóra a traballar. E tamén a querían para eles, que non querían marchar da aldea, e o día de mañá precisarían da filla máis do que hoxe.
Daquela regresou ao pobo un indiano xa maior, co peto cheo de prata aforrada ao longo de toda unha vida alá por Argentina e Chile. Érache un home de mundo, campechano el, co que daba gusto parolar. E logo fixo amizade coa nova veciña mociña.
E ao cabo dun par de anos, aquela rapaza que non coñecía mozo, quixo casar co vello. Pero os pais tampouco querían para ela aquel casamento.
--Porque no? --cansaba a rapariga de preguntar na casa.
--Porque xa é moi vello para ti e nunca poderá satisfacerte. Nunca vai ser quen de facerche gozar, e entregaríaslle a túa mocedade a un vello que non che merece. Só che daría traballos... --cansaba a nai de repricarlle.
Mais a filla comprendeu que non podía seguir atada toda unha vida aos pais; pensou que a súa vida era dela e non da nai, e casou co indiano.
Cando ían saír da aldea para iren de lúa de mel, a nai volveu falar con ela:
--Cando falemos por teléfono, para saber como se porta o vello, imos ter unha clave secreta: cando che pregunte cantas veces che fixo o amor, ti contéstame con tantas sardiñas, e así el non desconfía do que nós tratamos.
Inda non pasaran máis ca unha noite no hotel da Toxa, cando logo pola mañá a nai xa puso unha conferencia:
--Que tal a noite? Cantas sardiñas?
--A noite moi ben: sete sardiñas --contestoulle a filla.
--Carallo no vello! --exclamou a nai sen tempo de pensalo.
Para o outro día fóronvos seis sardiñas á saúde da nai e de todos vós, lectores deste conto.
Pero as sardiñas foron baixando ata que chegou unha mañá que xa non houbo ningunha.
--Velo! Xa cho dicía eu. Ben avisada estabas para que non casaras con el! --berroulle a nai, de tal xeito que houbo de retirare a rapaza o auricular da orella.
E daquela contestoulle a filla con toda a dozura do mundo:
--Non te preocupes, mamá. As sardiñas acabáronse, pero non eres quen de imaxinar con canto amor lambe a lata...

(Unha aperta para todos os apañadores de contos e lendas arraianos)

Gracias a usted y más cuando los tiempos que corren. Y usted sí que sabe apañar bonitos cobros.
Unha aperta amigo

He querido decir contos y no cobros.