Hai uns quince días estiven de acompañante, por razóns que non veñen ao caso, en Urxencias do Hospital de Verín máis de vintecatro horas.
A iso das catro da tarde saín comer un bocadillo ao Mesón Castelo, ao lado mesmo do Hospital. Levaba no hospital desde as catro da mañá, e inda non probara bocado desde a cea do día anterior.
No bar so había un cliente, a ler o xornal cos cóbados espetados no mostrador.
Despois entrou unha mulleriña pequerrecha e vivaracha, que xa vira tamén de acompañante dun home doente aquela noite.
E o do xornal botoulle unha ollada, deixou o periódico, e foi saudala:
--E logo que andas a facer por eiquí?
--Que vou andar a facer? Que teño ao parente aí, no Hospital!
--E qué lle pasa?
--Qué lle vai pasar, ho? Que veu cun cólico moi grande, e agora teñen que facerlle unha periscopia!
--Unha periscopia? --o home quixo esbozar un sorriso, pero no intre derradeiro quedou serio-- Non che sei o que é iso...
--Non sabes o que é iso? --rematou ela-- Pois é que lle teñen que meter un ferragacho polo cu.
Daquela eu xa andaba a pechar a porta do mesón tras de min, e non sei por onde continuaría aquela conversa...