Non o había de contar.
O que pasa é que non quero calarme, por pudor, e que logo apareza por eiquí o amigo Telesforo índose da lingua... Que el tamen foi testigo.
Hai hoxe quince días levei pasar a ITV ao meu compañeiro de camiños e cortafogos: un SANTANA 300 ao que case nunca tiven que levartarlle o capó.
Despois de mirarlle os fumes, o técnico --persoa moi educada-- mandoume parar o motor e abrir o capó. Pero eu quedei paralizado, sorprendido de non lembrar onde carallo estaba o demo do tirador.
Decatouse o técnico da miña ignorancia:
--Na guantera, pola parte de arriba, señor--e díxomo debruzado na ventaniña.
Entón eu fixen un escorzo, espurríndome coa man direita cara a "guantera", e levantando a nádega esquerda cara a ventaniña aberta do meu pequerrecho 4x4. Alí estaba o tirador, sí; Pero ao facere o esforzo de tirar, alá se me foi naquela postura un peido mal rematado. Qué vergoña! se inda fóra en DO sostenido...!, pero no: quedouse nun tono menor..., tal vez en SI bemol. Foi un escape moi tímido, como de monxa novicia.
Pedín perdón tamén nun tono menor, e o técnico ría por dentro, mantendo a compostura de persoa educada.
Seguín facendo todas as probas, ata que subiu outro técnico distinto dende o foso, e veu cara a mesma ventaniña cos papeis, entregoumos e dixo:
--Ala. Outro aniño máis. Só ten unha falta leve no tubo de escape.

Quiero desde esti foru felicitar a D. Inda Cho Sei por los suos contus, que tantu nus fan reir... la. verdai nun sei si son. ciertus porque si nun lo son parecen anécdotas verdaderas.
Un saludo muy afectuoso para D. Inda Cho Sei y tambien para suo vecinu Comandante Telesforo Romerales.