Non o había de contar.
O que pasa é que non quero calarme, por pudor, e que logo apareza por eiquí o amigo Telesforo índose da lingua... Que el tamen foi testigo.
Hai hoxe quince días levei pasar a ITV ao meu compañeiro de camiños e cortafogos: un SANTANA 300 ao que case nunca tiven que levartarlle o capó.
Despois de mirarlle os fumes, o técnico --persoa moi educada-- mandoume parar o motor e abrir o capó. Pero eu quedei paralizado, sorprendido de non lembrar onde carallo estaba o demo do tirador.
Decatouse o técnico da miña ignorancia:
--Na guantera, pola parte de arriba, señor--e díxomo debruzado na ventaniña.
Entón eu fixen un escorzo, espurríndome coa man direita cara a "guantera", e levantando a nádega esquerda cara a ventaniña aberta do meu pequerrecho 4x4. Alí estaba o tirador, sí; Pero ao facere o esforzo de tirar, alá se me foi naquela postura un peido mal rematado. Qué vergoña! se inda fóra en DO sostenido...!, pero no: quedouse nun tono menor..., tal vez en SI bemol. Foi un escape moi tímido, como de monxa novicia.
Pedín perdón tamén nun tono menor, e o técnico ría por dentro, mantendo a compostura de persoa educada.
Seguín facendo todas as probas, ata que subiu outro técnico distinto dende o foso, e veu cara a mesma ventaniña cos papeis, entregoumos e dixo:
--Ala. Outro aniño máis. Só ten unha falta leve no tubo de escape.

Bo relato, moi ben detallado! En canto á comparación co tímido escape de monxa novicia, déixanos coa incógnita de cal é a fonte de tal coñecimento.
Amigo Incógnito: Por eiquí, ben: Espero que ao recibo desta, vostede tamén ben.
Antes de nada, habíamos de bautizalo. E como os Padres que andan dabondo por eiquí xa hai tempo que non nos dan o Ave María Purísima, permítame que eu mesmo lle bote a auga bendita, que non se pode andar polo mundo adiante sen bautizo.
Que o nome sexa sonoro e rítmico coma unha muiñeira: CAN CUN QUINQUÉ NO CU.
Querido Can Cun Quinqué No Cu: cánta razón ten. Ás veces poñémonos a falar, e utilizamos recursos estilísticos coma os poetas, facendo metáforas e símiles sen deternos a rozar o monte das fontes do coñecimento.
Agora podería saír deste atoladeiro especulando con que as novicias ben poideran estar obrigadas a utilizar moi a modiño os seus esfínteres. Pero non é máis ca unha suposición... E se seguemos a supoñer, case sen dúbida, a única autorizada para a liberdade do esfinter no convento vai ser a Superiora. Ela é a que de cando en vez fai soar a tuba no covento.
Pero non o vou deixar así. Algunha fonte de tal coñecemento temos, Pero imos deixar o conto para outro día, que agora teño que ir facer unhas voltiñas.
Bo día para todos.