cartel no río, BARXA

(2011)
Unha tarde de pesca no Mente.
Levaba unha hora, lanza que te lanza, e non saía unha troita de 17 cm nin por encargo. Daquela eran 17 cm a talla dese río.
Cando xa levaba devoltas á iauga cinco ou seis pequeniñas, cheguei á cachoeira que caía dunha presa, debaixo mesmo do actual viaducto da autovía. Onde antes estaba a presa, agora hai uns tubos moi grandes e xa non hai cachoeira.
Sempre me gustou lanzar varias veces neses pociños que hai por debaixo das presas autóctonas, trazando diferentes itinerarios...
Amigo Inda, vexo na tua mensaxe que coñeces ben a geografia fisica do noso entorno, efectivamente, o rio que pasa polo Pereiro o cal creo alí lle chaman Albaredos non sei como lle chaman os do Tameiron, pero os de Barxa lle chamamos "Moás"o cal se xunta co de Pentes que leba pra nos o nome de "rio Pentes"e logo unha vez xuntos os dous, recorren un tramo dun Km, pra logo xuntarse co que pasa xusto polo pobo de Barxa que se chama en todo o seo curso "Ribeiriña", e xa os tres xuntiños entran en Portugal,...
Graciñas Gel por facernos reir, e colgar a foto na paxina de Barxa, dende logo en principio pensei que pasáras por Barxa porque o lugar onde sacache a foto e igual o da sinal informativa que está no rio de Barxa tamen xusto na ponte que pasa a estrada pra Portugal coa diferenza que a do noso rio no contido pon "talla minima 19 cm." No caso da tua foto se a troita tivese 20m daba pra merendar a fartar Pereiro, Barxa, e creo que Lubian ainda que en Lubian son moitos mais.
Unha aperta.
21 metros, e crecendo. Vou de pesca, e veña soltar e deixar na auga troitas e troitas... De 21 cm, de medio metro, de metro e medio...
O río do Pereiro ven sendo o mesmo que o de Barxa. ¿Ou non?
Barxes, este cartel pódese ver a veira dun río da provincia, non é o de Barxa, pero unha troitiña desta medida daría ben para facer unha boa merenda ja ja.
Saúdos.