BARXA: Fillo do ZÉ pequeno, non teño gusto de coñecerte pero...

Fillo do ZÉ pequeno, non teño gusto de coñecerte pero sendo amigo dos meos amigos non teño dúbidas de que sodes boa xente; pero nisto das lampreas andas moi enganado, bou tentar explicarcho.
En primeiro termo decirche que as lampreas nin son portuguesas nin sequera españolas, por acaso de nacemento, son ceibes andan polo mundo adiante sen saber de fronteiras nin de Ley en procura de alimento; (como dixera antes coma moita xente) ata que lle chega o día da gran festa, cando teñen esa necesidade de ter fillos, nese intre son moi poderosas non teñen medo de nada afrontanse con todas adversidades, mesmo perden o apetito, e por milleiros morren asta conquerir a victoria, chegar o sitio onde nacerón é alí ter a maís grande festa que se poida, e un festexo sexual onde as femias e os machos non se aman, nin teñen obrigacións nada maís que para facer fillos; despoís de tanto desgaste quedan aruinadas completamente e morren (ai quen di que non morren todas) nesa fase apenas teñen sangue e o seu corpo e mol, non serven nin para comer.
Desde que saen do Mar ata que chegan o lugar da criazón estan a librar unha loita continua para librarse dos seus depredadores, todos as queren comer incluidos os humáns posiblemente o maior depredador coñecido.
Para protexelas regulase a sua pesca por parte dos humáns, xa que os outros depredadores non teñen necesidade de presumir nin de vender, soio levan o que lle cabe na barriga.
Eu pesco no río Tea que é un aflente do Miño, un río moi lampreeiro, neste río ai 48 licenzas autorizadas para pescar desde ESTACADA que e unha ponte estreita hasta a mitade do río, a outra mitade queda libre para que se salven as que poidan.
Para poder pescar ai que facer unha equipa de 4 persoas, despois presentar unha solicitude, maís adiante ir a un sorteo (nadie ten privilexios, nin puntos extras, este ano si tes sorte pescas pro ano que ven o mellor non) pode haber maís do duplo de solicitudes que de ESTACADAS.
Agora chega o peor moito traballo e gastos, non e de balde non, a quen saira afurtunado tocalle pagar as cotas dos permisos 300 Pavos por equipa, construir a estacada no lugar indicado 2 ou 3 días de traballo duro no medio da auga, outros 500 para materiaís, Boletin oficial para instalación eléctrica 4000 Watios, 1 km ou maís de extensión eléctrica (cable omologado) consumo de eléctricidade 400 euros maís, o acabar a temporada retirar todo o lixo paus etc. ten que estar todo natural como se alí non estuvera nadie, 2 días de moito traballo.
A temporada de pesca vai dende mediados de xaneiro ata o 30 de abril, pescase desde as 9 da noite ata as 8 da mañan un día si e outro non, os domingos son feriados.
Dos contos, do frío, da chuvia, do vento, como en outros sitios maís ben maís ca menos; por iso ai moitos furtivos no río Miño xente que só quere beneficios e pouco traballo que non respeta Leises nin persoas, que rebaixa os prezos hasta non dar para gastos.
Digoche que nos as que cazamos comemo-las cos nosos amigos e familia e regala-mos-llas a quen as merece.
Abur ZÉ