BARXA: Amigo Pereira: Pra tempada que ben, se non che causo...

Xa vexo meus amigos que estades perto de min, sen dubida 252525+ habemos de conocernos persoalmente, o Barxes ten boa conta de min. Cando o teu xefe cho permita e veñas a vigo non te esquezas de avisarme eu estarei complacido de convidarte e disfrutar da tua persoa e xunto co Barxes pasaremo-lo como mellor podamos antes ou despoís do día 20.
falando do paro podo decirche que non hay mellor vida, eu despois de 35 anos de darlle o mellor de min a unha empresa fun agradecido con despido por "ERE" ou sexa cunha patada no cú, agora levo 3 anos na casa e mira por onde descubrin que a un home non lle fan falta tantos cartos e si maís amigos, hasta podo pasa-la noite cazando lampreias.
INDA CHO SEI Non estes tan seguro das Lampreias de Barxa ¡que habelas ailas!

Amigo Pereira: Pra tempada que ben, se non che causo estorbo queria ir contigo, como convidado unha noite as lampreas o rio Tea, e poder ver como as cazas coa "filga". Sei que a licencia e os materiais pra isntalar no rio por o comentario teo da tempada pasada son caros pero merece a pena. Se cazamos un par delas para o 25 e o Inda Cho Sei comémolas en Barxa de primeiro prato, e despois cabrito tenro de Portugal que no lo trae o Zé, eu non as sei preparar pero creo que ti si. En Arbo comina seca, e mais con arroz feita na sua sangue me lembro que estaba moi boa, preparana mellor que en Melgaço, ainda que en Melgaço e moito mais barata. Abeira do Miño preparana por os dous lados, pero mellor por o lado de Galicia sen que se nos ofenda o amigo Zé que aunque el e Tramontano ama muito a todo Portugal.
Unha grande aperta amigo de Ribadelouro.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Eu nunca vin una lamprea, estades a falar de ila, pero non sei que forma ten, din que e un peixe, pero e como una sardiña, ou coma una faneca ou rapante, ou grande coma una merluza. Tamen falades da sangue, enton ten moita igual cos porcos, estou a cavilar, pero como será ese peixe
Saudiña