Ofertas de luz y gas

BARXA: Unha tarde de pesca no Mente....

Unha tarde de pesca no Mente.
Levaba unha hora, lanza que te lanza, e non saía unha troita de 17 cm nin por encargo. Daquela eran 17 cm a talla dese río.
Cando xa levaba devoltas á iauga cinco ou seis pequeniñas, cheguei á cachoeira que caía dunha presa, debaixo mesmo do actual viaducto da autovía. Onde antes estaba a presa, agora hai uns tubos moi grandes e xa non hai cachoeira.
Sempre me gustou lanzar varias veces neses pociños que hai por debaixo das presas autóctonas, trazando diferentes itinerarios coa cucharilla. Teño sacado moi boas pezas neses lugares.
Aquela tarde penetrei entre os pequenos amieiros da borda, que eran retoños dunha deboucada anterior, e ao botar a primeira lanzada, antes de recolle-la cucharilla, tiven que abri-la petrina, estimulado polo son da cachoeira.
Para non perde-la cucharilla, se enganchaba no fondo, foi unha das poucas veces da miña vida que fixen dúas cousas a un tempo. Mentres recollía o sedal apurado, deixei que ela mexara sola, no sentido contrario ao sedal.
Nesas andaba, cando viñeron petarme nas costas. Xirei asustado o pescozo, e alí había un garda civil que me fixo acenos para que saíra ao carreiro. Carallo, xa tiña que facer tres cousas a un tempo! E non puden deixar de decir, mentres recollía a mingalla,: "Sí, ho, sí. Como non lle tomes medidas a ésta...", convencido de que a cachoeira silenciaba a miña voz.
Saín de entre oa amieiros ao carreirón, e pedíronme a licencia, o carnet e as troitas para medilas.
Viron que non levaba nada, e dixéronme que xa viñan observándome desde facía un cuarto de hora. Xa me víran soltar algunha que non daba a medida.
Cando se ían, o que petara nas miñas costas volveuse cara a min, e espetoume:
-- ¿Y la otra dará la medida?
--Cual?
--Esa que decía, antes de guardarla.
Quedei un tantiño sorprendido. Pero non hai como fuxir sempre cara adiante:
--Esa tampouco, meu rei. Co susto engruñouse!
Debo confesar que probablemente non dera a medida de ningún dos xeitos, que nunca se me ocurríu comprobalo.
Xa decía un tal Javier Krahe, da Mandrágora: "Aunque en rigor no es mejor ni peor..." naquela canción que empezaba. "Ya sé que andas diciendo por ahí que la tengo muy pequeña..."