Ofertas de luz y gas

BARXA: ORIXE DA MALICIA FEMININA...

ORIXE DA MALICIA FEMININA

Unha vez eran Xesucristo e San Pedro, que tiñan unha burra, e se lles desferrou.
Foron e leváronlla a un ferreiro que lla ferrase.
E cando ían polo camiño, acharon unha fonte, e nela había moitas mulleres lavando. E todas estaban rifando, unhas coas outras, e non podía haber paz entre elas.
E díxolle Xesucristo a San Pedro:
--Vaite alá, a ver o que fan esas mulleres que non paran de rifar.
San Pedro foi alá, e cortoulle-la cabeza a todas.
E díxolle Xesucristo:
--Pero que lle fixeches, que calaron tan pronto?
--Pois corteille-la cabeza a todas.
--Ah bruto! Volve alá e ponllela outra vez como estaba!
San Pedro foi alá todo enrabechado, e empezou a tirar cabezas aos corpos. E tamén estaba o demo en forma de muller, por iso era polo que rifaban e non podía haber paz entre elas.
E San Pedro tiroulle-la cabeza do demo a unha muller, e a da muller ao demo, por iso agora as mulleres son tan más coma o demo.
Nada máis.

(Recollido do libro "Dialecto galaico portugués hablado en Lubián". 1.954)
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
O conto mui bon, San Pedro era o apostol que sempre estaba metido no medio de todo-los contos, facia como unha especie de secretario de Cristo. Pero se non foran as mulleres, voviamonos todos, xa seme esquenceo o que ia a decir...
Un Saudo