Luz ahora: 0,00371 €/kWh

BARXA: Apreciada Gel, esas palabras que me dedicas, e que...

Graciñas Gel por esta foto brindada a todos os barxeses, teño que reconocer que estas fotos son as que dan animos os foros, que tan precisados estan deles sobretodo os que ninguen lle contesta creo que o buscarón eles, son muy pouquiños pero teñen muitos personaxes, que sigan entretendose con eles mismo...
Un saudo e muitas gracias.

Mui bon ten que estar ese viño, ¡Non soltáis os vasos mais o garrafón, nin que caian centellas de punta!
Abrazos pra todos.

Ballesteros, como na viña virtual paséanse caletres de ben distintas raleas, para evitar malentendidos vouche a aclarar que o garrafón amarrámolo ben, pero só foi para a pose, despois compartímolo con tódolos presentes:-)

Graciñas Gel: Pola aclaración feita porti o noso grande amigo Balleteros, e un alumno aventaxado e xa cando algunhos van el ven de volta.
E despois de reflexionar sobor da foto, vai ter razón o Lito, algunhos con tres anos de diferencia parecemos pais non, pero como se lle levaramos 10 dito por entendidos en fisionomia, a gran foreira que non e outra que Gel Martinez.
Unha grande aperta a tod@S

Quédoche ben agradecida polo aprecio que me amosas. Amigos así alégranlle o día a calquera, sobretodo o rebasar a barreira dos cincuenta jajaja.
En canto ao noso amigo Ballesteros, en efecto, cando outros van el xa ven de volta. Xa moitos que se as dan de entendidos quixeran ter as luces que ten él.
Apertas.

Apreciada Gel, esas palabras que me dedicas, e que considero en exceso, solo podían sair de alguén con un corazón enorme, como é o teu, e que me consta tanto por os teus escritos como por comentarios personales a través dos nosos amigos en común; especialmente do Barxés, que sempre te encumbra a excelencia, sendo él merecedor tamén de un puesto destacado.
Creo que non fice méritos pra tanto alago, simplemente trato de manter unha línea de coherencia, basada na educación que recibí de meus pais (fundamental) incorporándolle todo aquelo que podía recoller do resto da boa xente. Neste sentido, non podo deixar de mencionar a un referente como era a tía Mercedes (mencionada por tí esta mañá) ¡Qué grande era! sempre tiña unha historia que contar, unha anécdota, un "chascarrillo" dos dela. A sua vida tamén foi dura coma dos seus contemporáneos, pero ó seu lado sempre reinaba a alegría. Non me importa reconocer que me emocionei o leer o teu mensaxe no que a mencionabas, poque, aunque me deu mutas mostras, non creo que me quixera tanto como eu éla.
Non é "pamplina"; como xa te dixe algunha vez, e direio as que fagan falta, a teus pais tamén os recordo con muto cariño (ós dous) sobre todo a teu pai, polos ratos que pasou na miña casa. Bueno, xa está ben de melancolía.
Unha pequena anécdota da infancia: Non podía entender que sendo a matrícula do coche de teu pai de Holanda, o distintivo nacional fose "NL"; hasta que o ví escrito en algún sitio, claro.
Cousas de rapaces. Xa sabes o refrán...
Un abrazo forte.