Ofertas de luz y gas

BARXA: Na soidade dun serán colonial en Dajla, hai xa varios...

Na soidade dun serán colonial en Dajla, hai xa varios anos, entrei no cabaré. No cabo da barra deserta, un pianista interpretaba unha melancólica habanera. Un macaco pequerrecho daba brincos. Tan pronto estaba no mostrador, como enriba do ombro do pianista, xogando co seu rabo.
Pedín un chivas con carouxo. O camareiro, con cara de aborrecemento, melancólico como a canción, púxome diante, na outra punta da barra lonxe do pianista, onde eu estaba acomodado, un vaso ancho e baixo cunhas pedras de xeo e un groliño de wiskhy.
Antes de o probar, veu aquel moniño correndo polo mostrador adiante, empoleirouse encima do meu vaso, agarrado coas dúas mans ás bordas, e fixo cinco ou seis flexións, mollando os seus collóns diminutos sin ningún disimulo no meu licor, fuxindo logo cara ao piano.
Quedéi abraiado, pero veu de contado o observador camareta, e púxome outro vaso sin rechistar.
Inda non lle dera o primeiro sorbo, cando alá volveu aquel macaquiño, coma un lóstrego, e repetiu as súas flexións cataplinares.
Daquela encamiñeime ao pianista, toqueille nas costas, interrumpindo tanta melancolía, e pregunteille en castelán:
--Oiga. ¿Usted sabe por qué el mono mete sus cataplines en mi vaso de wiskhy?
-- ¿Cómo dice? --contestoume fruncindo o ceño, sorprendido.
-- ¿Que si sabe usted por qué el mono mete sus cataplines en mi vaso de Wiskhy?
--No... Pero si me la tararea...!