Luz fijo a 0,11115 €/kWh

BARXA: Tamén hai cousas e cousiñas, tan só dependende do contexto...

O tío Pío máis a tía Madalena, enchoupados da sabenza que implica o pertencer á terceira idade e por mor da fiúza que medra cos anos de convivencia, andaban sempre de barallada. Unha vez no medio dunha delas, berra ela:
-Porco, que eres un porco!
El, xa canso de cargar con tal adxectivo, incha o peito, apreta os puños e aturra de volta:
-Pois se son porco, voume para a corte a dormir con eles, que seica ei de estar máis tranquilo!
Ó seguinte día ben cediño chaman á porta da casa. Era un home enfeitado de traxe que andaba a pescuda do tío Pío.
-Atopará-o alá na corte durmindo cos porcos –explícalle a tía Madalena, indicándolle co dedo índice o sentido que tiña que tomar. E cando o home revirou cara á corte, botoulle ainda un berro para asegurarse de que non tivera pérdida:
-Oia, señor, o Pío elle o da gorra!

Dende logo o teu humor y o do gran amigo Inda, non ten desperdicio ningun.
Os contos son autenticos, o señor Pio usaba a gorra na corte por culpa das teas das arañas...
Unha grande aperta pra os dous

Nahún teño ningunha dubida o respeito, más cuando istamos de xuntanza, que humor teñes Zé, humor como teu nahún a outro, fodasa co gaxo, ahora nin se recorda do Zé, claro eu sahún portugués nahún conto pra voçe.
Unha aperta.

Grande amigo Zé: Nunca me esquecerei de voçe, y de cuantas coisas eu lembro de cuando viña co seo paicinho as segadas, pois voçe sabe que segou eim Barxa cuando
eu tiña só 10anos y voçe 17. Y lembro alguma das cantigas que voçes cantabaum, como aquela que decia... SOL Y VENTO QUE A SEGADA VAI CO TEMPO... PIMENTOS COZIDOS SARDIÑAS ASADAS QUE BOA PETISCADA PRA RAPACIADA.
O que pasa e que voçe agora teim outros amigos, do cual eu me alegro pois e bo ter amigos mas voçe lembre sempre o dito do seu querido Portugale, que ha AMIGOS, AMIGUIÑOS, MACACOS Y MACAQUIÑOS.
Espero que o seu jefe se melhore, y que cuando tornen do Brasil pro natal traiga outra botella de cardhu pra invitar o Diamantino y o Zé Da Caneca.
De lembranças o Padre José y o Jefe, y un grande abrazo pra voçe Caro Amigo Zé.

Tamén hai cousas e cousiñas, tan só dependende do contexto que as rodea. A tarefa da pechera das camisas non é outra que tapar o pelello, non teñen máximo nin mínimo, como tampouco o ten a longura da gravata. Naide coma o señor Romerales para determinar a inmensidade da súa pechera, que dúbida cabe!