Luz ahora 0,10390 €/kWh

BARXA: Había algúns en Lubián, polos oitenta, que lle daban...

Había algúns en Lubián, polos oitenta, que lle daban aos porros de carallo. Había ata unha plantación de maría a uns cen metros do cuartel. Aquel mozo apañábase ben para secala, para face-los porros e para fumalos.
Na festa das Candelas, en Acibeiros, un paisano xa maior de alí convidou a un parente, mozo de Lubián, e aos seus colegas, á súa casa para merendar uns chourizos cocidos en viño.
Mentras cocían os chourizos, prenderon un porro que andaba á volta. Cando chegou ao paisano da casa, dixo:
--E logo tan grande é a miseria, que só hai un cigarro para todos? Eu fago-vos un cigarro para cada un do meu cuarterón e do meu librito agora mesmo, carallo.
--Non, home. Dámoslle nós un destes enteiro para vostede. Teña.
O vello fumou aquel porro como se fumase un daqueles ideales ou peninsulares, queixándose únicamente da chapuceira feitura. Os del quedaban mellor rematados.
Un dos mozos, cando acabou o chourizo e bebeu un xarro de viño, pediu unha caceta. Cando tuvo a caceta na man, encheuna de viño quente, cheu de grasa, do de coce-los chourizos, e verteuno no xarro.
--Isto sí que é bó. Con isto non hai resfriado que se atreva a entrar neste corpo --dixo ao tempo de simular que bebía.
Entón dixo o paisano:
--Trae para acá a caceta --encheu o seu xarro e botouno abaixo dun só grolo-- Carallo. Bébese así, e non a misas de peseta!
E no mesmo intre caeu naquel solo de castiñeiro con tódolos membros desmembrados.
Os mozos porreiros deitárono no escano, e saíron de alí para seguir bailando ao son dos Hermanos Martos de Tabanillo nunha corte limpa de esterco.