Contáronmo o outro día. Dixéronme que o contaran nun concurso de O Luar, na TVG. Non ganou o concurso, claro.
Inda que eu son bastante irreverente, o contiño este inda o é máis. Por iso pido perdón por anticipado. Aqueles que sexan moi piadosos, que recen un "Señor mío, pecador..." antes de ler o que imos escribir, dándose tres labazadas no peito.
Despois dunha noite de sábado de borracheira, chegou ao medio da praza da aldea o lacazán aquel. A xente estaba na Misa de doce e, como era agosto, as portas grandes da igrexa estaban abertas de par en par cara á praza. O señor crego oficiante alzaba naquel mesmo intre o Cáliz. Entón o lacazán chimpabocois asomou o fociño pola porta e rompeu aquel sagrado recollimento, berrando deste xeito:
--Estou en ronda. Esa copa que levantas, págocha eu.
Preto da porta había outro cura dentro dun confesonario e, alporizado pola interrupción do borrachín, sacou a cachola apartando a cortina, cun dedo no nariz:
--Chsssss!
--Se eu só digo que vou paga-la copa que vai tomar o de adiante...
--Chsssss! Faga o favor de calar!
--Cala tí, carallo, que a tí tamén che pago outra cando acabes de cagar!