Luz ahora 0,11897 €/kWh

BARXA: O viño de Barxa é moi bon, así o atestigua a augardente...

O viño de Barxa é moi bon, así o atestigua a augardente de herbas que puidemos degustar por cortesía do Barxés (máis familia). Ten pinta de mansiña, con esa cor de licor dulzón que invita a relamber os beizos só con mirala. Pois eso mesmo lle pasou a un convidado. Abriu a gola a tope, encandilado polo aspecto inocente do brevaxe, e tomou un grolo demasiado grande. Ben pensei que lle iban a saír os ollos das furacas ata que acertou a balbucir: “ssstrassss que forte é!”.
Despois deste percance amosou unha lucidez de mente sorprendente que todos os presentes lle atribuíron á augardente. Contando unha anécdota dun día de mantanza di todo cheo de razón: “… e o porco, cando por fin o colleron, berraba como se o foran a matar”. Que sentidiño tiña o animal, quedeime pensando eu antes de botar un gurruchiño á saúde dos barxeses!