Señor Barxés: Onte deume por visitar o foro do meu pobo, e foi cando me decatei, comparando meticulosamente as dúas mans, que teño a dereita moi gastadiña. Así é que veño pedirlle por favor que deiquí en adiante imos ter que despedirnos sempre ca esquerda para compensarmos ese desgaste, e igualarmos unha coa outra.