Campo de tiro, CUALEDRO

Pois claro que si, alí estaremos un ano máis na compaña dese gran ambiente de amizade que se vive nese marabilloso Campo de Tiro de Cualedro. Da gusto ir alí a tirar, que ben organizado está todo. Merece a pena. Vémonos alí a partir de hoxe.


Asdo. Un tirador que tentará gaña-los 600, 00 euros do primeiro premio.
Mañá día 4 de agosto a partir das 11.00 horas comeza o espectáculo un ano máis no Campo da Capilla en Cualedro. Os mellores tiradores de Galicia comezan os entrenos para disputar o vindeiro 13 de agosto o primeiro premio de 600, 00 euros. Hai que entrenar moito, para gañar en Cualedro hai que romper 25 pratos de 25 posible e esperar que ningún o iguale, senon habería que desempatar. En fin, un verdadeiro espectáculo. Se che gosta a competición e o tiro ó prato, a partir de mañá tes unha cita en Cualedro....
Sí señor, anímo ós organizadores do Tiro ó Prato. Seguide así, a pesar das críticas dalgúns impresentables do pobo de Cualedro que o único que fan polo pobo e criticar ós que traballan de forma desinteresada. ánimo tamén a Comisión de festas, que un ano máis están a traballar para conseguir que o pobo non quede sen festas. E todo isto coa gran colaboración dos veciños e a pesar do Concello de Cualedro que non colabora para nada coa Comisión.
Aquí vemos unha foto do Campo de Tiro eventual de Cualedro. Isto é froito do traballo ben feito dun grupo de cinco amigos que nos derradeiros anos está a traballar, de xeito altruista, para conseguir que o Campeonato de Tiro ó prato que se celebra os primeiros días de agosto, sexa hoxe en día un dos mellores, en campo eventual, de todo Galicia. Decirvos que este ano a Competición Oficial será o vindeiro domingo 13 de agosto, a partir das 16.00 horas. No obstante decirvos que os días 4, 5, 6, 11 e...