Como cada semana, mandouno seu pai a buscar a garrafa de viño á taberna.
Sempre se quedaba un anaquiño mirando o grupo habitual xogando ás cartas, presidido polo seu avó, o ti Evaristo.
Máis que o xogo, o que lle chamaba a atención era a sabiduría sen límite do ti Evaristo. Quedaba pasmado escoitandoo.
-As parellas lévanse mellor cando ningún deles leva o pantalón –dicíalle aos compañeiros de partida.
O rapaz ansioso de aprender absorbía todo o que ouvía e so tiña un desexo: chegar a saber tanto como o seu avó e compartilo con todos os que quixeran escoitalo.
Ó chegar a casa acenoulle a seu irmán pequeno para que viñera a seu carón.
-A que tu non sabías que as parellas que mellor se levan viven en Escocia?
... (ver texto completo)