Eligio Alvarez Lamas, meu tío e padriño, que non era moi docto en letras, escribía co que lle era máis doado: o cincel i-o punteiro nunha man i-a maceta na outra. O seu papel eran as pedras das abas do Leboreiro. I-a inspiración víaselle no entusiasmo e na pacencia cos que, con man firme, cincelaba xuntas, perfilaba aristas e puía caras. Velahí na foto o grande poema con forma de canastro que compuxo alá polo inverno do 1960 na Eira da Escola de Parada do Monte, para a familia dos de Gerardo, por encargo doutro fillo esgrevio de Parada (daquela emigrado en Venezuela e pasando unha estadía coa súa familia), Silverio Fernández Lamas, tamén xa falecido.
Moitas grazas polo teu comentario, Xulio. Non habería maneira máis poética e bonita de describir o traballo artesanal do teu tío Eligio, mestre no arte da pedra.
Tamén é de agradecer o comentario sobre Silverio, que nos deixou de maneira inesperada hay poucos anos. Decirche, como xa sabías, que el foi a cabeza visible, o líder, daquela ilustre comunidade de veciños de Parada emigrantes en Venezuela. Súa foi a iniciativa de mandar cartos para a instalación la luz na eirexa parroquial, cando a electricidade chegou os nosos povos, e a máis importante, para construir o cementerio no Teso, obra para a que todos contrubuiron hasta reunir 100.000 Ptas. que lle mandaron aos veciños.