Ofertas de luz y gas

PEREIRO O SAN PEDRO: Don Avelino era o crego da aldea. Levaba aquel sotanón...

Don Avelino era o crego da aldea. Levaba aquel sotanón que lle chegaba desde o pescozo as negras alpargatas.
Bicábaslle a man, e sempre había un caramelo cando a abría, despois do beixo.
Un día díxolle o monaguillo na sacristía:
--Ai Don Avelino, vostede ten pelos nos "güebos"!
O crego ficou abraiado ante verbas tan demoníacas...
--E ti, pillabán, porque dices iso?
--Pola caspa que leva nas zapatillas --rematou o preguiceiro e observador axudante.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Gracias, como de costume moi bon. Os días como as flores hainos de todalas cores, e por veces esquecémos que un día non rido é un día non vivido. Saúdos dende a outra veira das Portelas.
Prezado amigo: Quero felicitarte polo conto está muy logrado, é como dixo o crego noutro conto que contou Gel Martinez pode que fose mentira ou certo.
Temos no foro de Barxa uns amigos portugueses que como podedes comprobar contanos mui bonitos ainda que a un deles llos conta o xefe, que xa nos podia invitar a comer nos seos restaurantes de Madrí.
Unha forte aperta para INDA CHO SEI, GEL MARTINEZ, E PINGADELO