Hoxe é o día de San Pedro. Outrora era o día grande de O Pereiro, o día da festa. Cando miro para atrás, sempre recordo este día soleado e caloroso. A misa das doce cantada, todos enfeitados cas mellores roupas, o calor dentro da igrexa. Casi ainda cheiro o recendo penetrante do incenso.
Despois a comida en familia… ¡que gozada!
Ben seguro que a maioría de nós fizo este día a primeira comunión e recorda a ilusión que acompañaba tan sinalado acontecemento. Para min poñer un vestido largo branco foi unha verdadeira apoteose. A primeira confesión, ben de víspera para non caer na tentación de “pecar” antes da comunión, facíame menos ilusión. Recordo que marchei do confesonario antes de que o crego acabase o ritual e me mandara “ir en paz”, e cando asomou a cabeza pola cortina morada que cubría o ventanucho e me dixo: “Vuelva, que todavía no he terminado”, votoume unha mirada que non invitaba precisamente a repetir a experiencia.
¿E lembrais os roscóns que se facían para ó postre? Xuntábanse varias veciñas que roxaban xuntas o formo para cocelos e facían a mezcla de ovos, azucre e fariña, ben batidiña, hasta que "subira". Despois de metelos ó forno, ós rapaces tocábanos a grata tarefa de lamber as potas, cucharas, batedors e cantos utensilios se utilizaran. Quedaban tan lambidiños que hasta parecía que non foran usados, jajaja.
O baile pola tarde na praza, a verbena… lembranzas… moriña… saudade… Xa paro.
Bo día de San Pedro, veciñ@s.