OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

PEREIRO O SAN PEDRO: Prezado 25, xa vexo que aproveitache moi ben os días...

Oye, a ver si ponéis vuestras fotos de la Comunión y dejáis de usar la mía ya, ¿valeeee?:-) Al Pereiro no toca hasta finales de septiembre, que iremos para la gran romería de la Tuiza. Espero que Pili ya esté bien. Y que el abuelo esté disfrutando de sus nietos. Biquiños.

Y CUANDO SON LAS FIESATS EN LA TUIZA,,, esto es la iglesia q esta antes de la canda?'

Aprezado Lito: As festas na Tuiza según o meo amigo Barxés son o 25 de este mes, a igrexa istá na antigua carreteira.
Me podias informar por donde anda a miña ademiradora Xel, o digo como participante nos foros, que le deseo tuda sote do mundo, aunque so sea por o que me fixo reir. Uha aperta.

Prezado 25, xa vexo que aproveitache moi ben os días de lecer, que volves con muta enerxía. Eu non podo dicir o mesmo, pois as nosas vacacions quedáronse en auga de castañas, pero bueno, todo se andará.
Non sei si nos teus anos novos tamén te tocou de andar a seitura polo Pereiro. Eu era pequena, pero ainda lembro cando viñan as cuadrillas polo pobo, e anque na nosa casa non había nin seitura nin malla, miña querida nai sempre tiña algún favor que dovolver a algún veciño, e ía mutas veces a levarlle a comida ós obreiros ás leiras. Eu tamén fun algunha vez cuela montada no burro e ainda me admiro cando penso no ambiente de armonía que se respiraba entre aquela xente, patrón e obreiros, cada un falando na súa lingua e ¡qué ben se entendían! O recordo máis bonito que teño é cando tornaban ó anoitecer, despois dun día cheo de calor e traballo, sempre volvían cantando.
Pero un día chegou o progreso ias máquinas, en fin, outros tempos con mutas cousas boas, sin dúbida, pero que tamén nos fixeron perder algúns valores.
Nesta época de transición, foron os tractores uns dos primeiros farragachos que fixeron alucinar a algúns vellos que ó primeiro nin se querían arrimar a eles. Pouco a pouco fóronlle collendo confianza e para máis dun convertíronse en algo imprescindible, non só para as faenas agrícolas, senón que tamén era o medio de locomoción que usaban para desplazarse a onde lle fixera falta.
Un destes "pilotos" foi o Valentín, moi coñecido nas Frierias. Ben seguro que non quedou camiño nin carretera no contorno que él non recorrera co seu "bólido". No verán, cando aumentaba o tráfico e se formaban aquelas caravanas na N525, non eran só os camións os que ían diante, non. Mutas veces por aquelas costas subindo dende Verín, alá á altura da curva da morte, o que ía a cabeceira era o descapotable de cor verde do Valentín.
Un día foi ó médico por unha doencia que tiña e o doutor deulle un volante para o especialista en Ourense.
O día da cita colleu o tractor ben de madrugada camiño da cidade. Ó chegar, como inda era cedo, parou diante dun garaxe para estirar un pouco as pernas ios cuadrís. Fóiselle o ollo para un coche que tiñan en venta, e o encargado, que non deixaba escapar ningunha ocasión, saíu e dille:
-Gústalle a máquina ¿eh?
-Pois sí señor, gústame e ben seguro que corre máis co meu tractor- responde o Valentín.
-Logo, ¿dende ónde ven no tractor?
-Eu véñolle das Frieiras, alá... preto das Portelas cara Zamora..
- ¡.... raaallo, ven vostede de ben lonxe! ¿E a qué hora se levantou, para estar aiquí as dez da mañá?
-Saínlle ás catro en punto, pero leveino bastante ben, porque a esas horas tiña a carretera todiña para min- di o Valentín cheo de orgullo.
-Pois mire, nun cochiño coma este –sinala cara o escaparate- houbérase posto en Ourense dende alá.... en dúas horiñas, mais ou menos. E hoxe deixollo por un bo prezo.
Ó Valentín xa lle era casi a hora da cita co especialista e despediuse do vendedor, prometéndolle que pensaría na oferta.
Á volta parou otra vez no garaxe, e o vendedor saíulle ó encontro, cun sorriso no morro, pensando que xa ganara o día.
-Unha ocasión coma esta nona volve a atopar, asegúrollo eu.
-Mire, estíven cavilando e votei as miñas contas –dille o Valentín rascando tras da orella- e o fin pensei, por mercar, mercabao, pero, ¿qué carallo fago eu despois en Ourense dende as seis da mañá?
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Aprezada Gel; De momento so teño que darte as gracias por contestar a iste omilde portugues, dito isto te digo que claro que seguey nise pobo, ate recordo o patraón, un fillo era guarda ou policia ahora nahu recordo ben quero pensar que de apellido le chamaban simple ou uha coisa parecida, de tudas maneiras isto foi por os anos 1970, pasou munto tempo, teño bos recordos, aunque dormin nuha palleira, más eu era garoto, durmia donde quera, eran tempos dificiles, mas concido con tigo había outra armonía na xente. Con relazaho o que dices do Valentín, penso que debía ter coisas parecidas a min, aveces penso pra que ir mais rapido se o fin tes que esperar a que abran.
Istiben de ferias casi tudo tempo en Portugal mas un día bin comer a un restaurante ahí no teo pobo, coisa que me trataron munto bein, me acompañaba miña prima, ila ista munto ben empregada la no Porto, a diferencia de min fala mellor o castellano, pidio de primeiro un caldo gallego clarito, y le aclara a camarera sin tropezones, coisa que cando ben a camareira co mencionado caldo mira pra min y dice rarito pro señor, nahu respondo de inmediato, pra miña prima. Iste foi o meu delito logo dice miña prima aquí xa te coñecen como rarito. coisa eu le contesto sera por ir de camisa bermella. Coisas que pasan. Si alguha coisa nahu entenderes bein ta explico outra vez que tu me mereces os mayores respeitos do mundo, por tu sencillez y respecto con los demas. O outro día istibe afalar en ti co meu amigo Barxés, con relazahu os que escribimos nos foros y os dois concedimos que tu eres uha gran persoa, amin particularmente me faces reir muntas veces. Uha Aperta. ... (ver texto completo)
Muy simpático lo de Valentin, Gel. Me he reido mucho. Un abrazo. Jose.
Ola Gel: Non deixa de abraiame a tua narrativa. Asemesmo estou impresionada co teu galego. Mesmo parece que estudiaches en galego, e a min polas miñas contas, dame aquela que non foi asi. Supoño que les moito no noso idioma ou que estas ou estuveches a facer algun curso. De todas maneiras en hora boa. Una apreta. Pura