Luz ahora: 0,10978 €/kWh

PEREIRO O SAN PEDRO: Estupendo tu relato Gel. Es un placer leerte. Sigue...

Como non pondes fotos novas, estiven repasando as vellas.. O mirar esta do barroque, aflóranme mutos recordos deste camiño tantas veces andado cando inda regañaban os corollos de pedra no chan, hoxe enterrados debaixo desa capa escura de progreso chamada asfalto.
Vouvos a contar algo que me pasou de pequena, cando tiña uns sete ou oito anos.
Eu acordo o buzón do correo en tres ou catro sitios no pobo. Un deles foi colgado na parede da casa do carteiro, por aquel entonces o tío Alejandro (d. e. p.), arriba na carretera.
Era un día caloroso de verán. Seino porque ainda lembro aquel ceo azul e tamén xa pasara o San Pedro. Miña querida nai tiña unha carta enriba da mesa, esperando ca votaran ó correo. A min debeume dar de súpeto un arrebato de querer ser grande, porque me ofrecín voluntaria a levala.
Daquela, unha das miñas afeccións era xogar ás casiñas e facer tamén bolas de bulleiro que puña a secar ó sol, e despois de secas, na miña infantil imaxinación eran fermosas pezas de pan que saboreaban as monecas. Por iso andaba con certa frecuencia toda enlarafuzada de terra. Cando miña nai me mandaba a facer algún recado, a primeira orden que me daba era que me lavase e que me cambiase de roupa. Aquel día, eu pedinlle que me deixara por tamén os zapatos novos, que eran daqueles que se chamaban de suela. A min eso de zapatear sempre me fizo moita ilusión. Deste xeito, zapateando, digo, ía eu barroque arriba, pisando adrede as pedras para que os zapatos me ficeran máis ruido.
Non lembro se había prado ou centeo nas terras que hai á man dereita, á altura da torreta de alta tensión. Pero a panorámica á veira esquerda... ¡eso é outro cantar! Xamais olvidei a inmensidade de follas verdes, espigas e mazarocas de millo que se extendía diante dos meus ollos, cando de repente se levantou unha brisiña maina de verán, que naquel intre a min presentóuseme terrorífica o mirar e ver moverse suavemente as crestas dos millos no medio da leira. Quedeime coma de pedra no camiño e non fun capaz de dar un paso máis adiante. Pasóuseme de todo pola cabeciña e ningunha cousa boa. ¿Serían certas aquelas cousas que contaban os vellos nos fiadeiros? ¿Qué habería alí no medio dos millos axexándome? ¿Un lobo... un espírito...? Nunca me vira noutra, soa no medio dun camiño coma unha formiguiña rodeada de universo... leiras polas dúas bandas, o caniño do barroque deserto por diante e por detrás, ceo azúl enriba.... e o que máis me impresionou foi o son do silencio, cousa que eu ben seguro endemais escoitara na miña curta vida. Dei media volta coma en transo, empecei a desandar o andado, primeiro a pasiños curtiños, renegando dos zapatos de suela e procurando esquivar as pedras para que naide nin nada se percatara de min, e despois, cando albisquei as primeiras casas, acolledoras, quentes, seguras, grandes, humanas... chameille ós pes amigos e non vin a ninguén hasta que cheguei a porto seguro, que non podía ser outro máis que ó carón da miña naiciña.
Inda escoito aquela risa a medio reprimir o decirme ela cando me tirei os seus brazos: "Pero si serás tonta, filliña". Máis tarde soupen que xa me estaba agardando.

Estupendo tu relato Gel. Es un placer leerte. Sigue así para amenizar este foro que ultimamente esta bastante apagado. Un abrazo. Jose.