Luz ahora: 0,10095 €/kWh

PEREIRO O SAN PEDRO: hola claro k todos tiñamos medo co k se falaba nos...

Como non pondes fotos novas, estiven repasando as vellas.. O mirar esta do barroque, aflóranme mutos recordos deste camiño tantas veces andado cando inda regañaban os corollos de pedra no chan, hoxe enterrados debaixo desa capa escura de progreso chamada asfalto.
Vouvos a contar algo que me pasou de pequena, cando tiña uns sete ou oito anos.
Eu acordo o buzón do correo en tres ou catro sitios no pobo. Un deles foi colgado na parede da casa do carteiro, por aquel entonces o tío Alejandro (d. e. p.), arriba na carretera.
Era un día caloroso de verán. Seino porque ainda lembro aquel ceo azul e tamén xa pasara o San Pedro. Miña querida nai tiña unha carta enriba da mesa, esperando ca votaran ó correo. A min debeume dar de súpeto un arrebato de querer ser grande, porque me ofrecín voluntaria a levala.
Daquela, unha das miñas afeccións era xogar ás casiñas e facer tamén bolas de bulleiro que puña a secar ó sol, e despois de secas, na miña infantil imaxinación eran fermosas pezas de pan que saboreaban as monecas. Por iso andaba con certa frecuencia toda enlarafuzada de terra. Cando miña nai me mandaba a facer algún recado, a primeira orden que me daba era que me lavase e que me cambiase de roupa. Aquel día, eu pedinlle que me deixara por tamén os zapatos novos, que eran daqueles que se chamaban de suela. A min eso de zapatear sempre me fizo moita ilusión. Deste xeito, zapateando, digo, ía eu barroque arriba, pisando adrede as pedras para que os zapatos me ficeran máis ruido.
Non lembro se había prado ou centeo nas terras que hai á man dereita, á altura da torreta de alta tensión. Pero a panorámica á veira esquerda... ¡eso é outro cantar! Xamais olvidei a inmensidade de follas verdes, espigas e mazarocas de millo que se extendía diante dos meus ollos, cando de repente se levantou unha brisiña maina de verán, que naquel intre a min presentóuseme terrorífica o mirar e ver moverse suavemente as crestas dos millos no medio da leira. Quedeime coma de pedra no camiño e non fun capaz de dar un paso máis adiante. Pasóuseme de todo pola cabeciña e ningunha cousa boa. ¿Serían certas aquelas cousas que contaban os vellos nos fiadeiros? ¿Qué habería alí no medio dos millos axexándome? ¿Un lobo... un espírito...? Nunca me vira noutra, soa no medio dun camiño coma unha formiguiña rodeada de universo... leiras polas dúas bandas, o caniño do barroque deserto por diante e por detrás, ceo azúl enriba.... e o que máis me impresionou foi o son do silencio, cousa que eu ben seguro endemais escoitara na miña curta vida. Dei media volta coma en transo, empecei a desandar o andado, primeiro a pasiños curtiños, renegando dos zapatos de suela e procurando esquivar as pedras para que naide nin nada se percatara de min, e despois, cando albisquei as primeiras casas, acolledoras, quentes, seguras, grandes, humanas... chameille ós pes amigos e non vin a ninguén hasta que cheguei a porto seguro, que non podía ser outro máis que ó carón da miña naiciña.
Inda escoito aquela risa a medio reprimir o decirme ela cando me tirei os seus brazos: "Pero si serás tonta, filliña". Máis tarde soupen que xa me estaba agardando.

Gel, parecido a esto tuyo me pasó a mí pero en la Zapagueda, cuando bajaba de la Carretera de Arriba al Pereiro de Abajo para ir a la catequesis de Primera Comunión, que me la daba mi querida Petita. También recuerdo como si fuese ahora el miedo que me daba cruzar las leiras de centeno de la Zapagueda, el camino era muy estrechito, yo era muy pequeñita y las espigas subían por encima de mi cabeza con lo cual, cuando yo entraba en ese camino sólo veía espigas y más espigas a ambos lados, pero no veía el final del camino, pasaba un miedo, ni a correr me atrevía, sólo apretaba mucho el paso y el culete, a ver si salía de allí con vida. Y no te cuento si hacia viento y las espigas se movían como si una bruja anduviese por allí... ¡Qué grande la imaginación y la inocencia de una niña de 7 años! Biquiños a todos.

Hai que ver que mediño tiñan estas rapazas. Seguro que hoxe en dia, non teñen tanto ¿verdad miñas reinas?. Un biquiño para as duas. Xose. (De cando en vez ata escribo en galego).

hola claro k todos tiñamos medo co k se falaba nos fiadeiros eu se tiña k salir a calle de noite e pasaba por algun cruce de camiños eu sola corria como ua chispa porque decian k ali xuntabanse as bruxas yas animas e mais na nosa casa habia ua tranpilla pa baixar a cuadra eu esa abitacion non dormia sola co medo k tiña k entrara alguien xa te podes igmaginar k medo, un abrazo.