Como ben din O Candil mais Teresa a imaxinación infantil é moi grande. Pero daquela, por moi medosas que foramos, ó ver a alguén ou ó chegar a casa o medo disipábase como por arte de maxia. Ó medrar, aqueles medos desaparecen pero dan lugar a outros de máis calibre que non se quitan de modo tan sinxelo. Eu escoitei fai pouco un comentario dunha desas persoas entendidas, que dixo que o país está ó borde do abismo, pero que a partir do día vinte daremos todos un paso adiante...