Eusebio foi sempre un home moi apacible. No pobo inda hoxe a hora de facer comparanzas é frecuente escoitar: "ten máis aguante que o Eusebio".
Estuvo casado ca tía Marcela. Serache verdai eso de que os polos opostos se atraen, porque ela era todo ó contraio, moi rexileira, sempre estaba rebulindo, mandando e xurdindo para non deixalo tranquilo.
Cando enviuvou púsolle de epitafio: "Miña amada Marcela, agora descansas e eu tamén".
Pero un bo día ó Eusebio chegoulle tamén a hora de pasar a, según dicen, millor vida.
O ateravesar a porta do ceo, ainda non acabara de mirar ó redor admirado da paz que alí se respiraba, cando de repende vei chegar a Marcela cos brazos abertos a darlle unha aperta ben preta.
-Por fin Eusebio da miña alma, canto desexei este momento.
O Eusebio púsolle as mans nos ombreiros e apartouna un chisco para mirarlle fixamente os ollos.
-Marcela -dixo con voz firme- o trato foi: "hasta que la muerte nos separe".