Luz ahora 0,13800 €/kWh

PEREIRO O SAN PEDRO: Que alegría Gel, tornar a leer as tuas mensaxes con...

Pasou nun pobo da contorna.
A Maruxiña estaba sentada á porta da súa casa cando pasou pola calle o tío Pedro. Como de costume, ía cunha cabicha colgada do bico e falando só. A Maruxiña lembraba ouvir unha conversa da súa avoa coa veciña: " ¡Pobre home, que golpe levou!". Por iso, en canto tivo ocasión preguntoulle: "avoa, ¿qué golpe levou o tío Pedro?
Entón a avoa contoulle a historia.
O tío Pedro, anque non era ferreiro de profesión, tiña unha forxa onde arranxaba os seus aparellos de labranza e tamén atendía pedidos dos veciños.
Un día chegou ó lugar un raparigo procedente da capital. Era un dos primeiros que se viran no lugar coa barba tan larga como as greñas que lle colgaban da cabeza, casi daba igual miralo por diante que por detrás. Andaba polos pobos cun macuto ó lombo, axudando aquí e alí, porque quería coñecer de primeira mau a vida "primitiva" das aldeas.
Un veciño mandouno á forxa, porque o tío Pedro sempre tiña faena dabondo. Así foi. O tío Pedro o mirarlle as mans brancas e lambidas non quedou moi convencido. Ainda así, deulle unha lixeira explicación da técnica do forxado, madoulle coller a maza coas dúas mans (por si acaso) e díxolle ca cabicha pegada os beizos: "Cando o ferro esté ben roxo sacareino, poreino ó xeito no yunque e cando te acene coa cabeza, tú pégalle ben forte.
O rapaz pegou forte, vaia que sí, para desventura do tío Pedro, que nunca mais volveu a ser o mesmo.

Que alegría Gel, tornar a leer as tuas mensaxes con ise humor que te carecteriza, munto bueno o caso do tío Pedro.
Unha aperta.