Ai, Piño, que case fúche-lo Pío da Gel! E logo tí non andabas cunha pucha na testa apañando as castañas?
Contaba un día no xogo dos bolos de Lubián o tío Manuel do Selmo, con aquela retranca, tanto da súa fala coma dos seus andares, que el fora de mozo somatén, destinado en San Ceprián de Hermisende.
E unha noite tiveran que levar para casa a un paisano de alí, con máis viño no seu bandullo co dun pelexo máis un pipote xuntos.
Ao chegaren á casa daquel borrachín, dixo que era mellor entrar pola corte, que a porta da casa, no cimo da escaleira, xa a tería pechada a boa da súa muller.
Da corte subía unha escaleira de madeira que daba nunha trapa, pero non foron capaces de subilo. Cando ía polo terceiro banzo (que en Lubián decimos baldón), alá marchou de fociños contra o cu da porca, que estaba deitada no seu cubil. Daquela abrazouse á calor da porca, e medio tatexou:
--Carallo, Ignacia, cómo te fede o alento!