OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

PEREIRO O SAN PEDRO: Nunha hermosa vila da provincia da Coruña famosa polo...

Nunha hermosa vila da provincia da Coruña famosa polo seu queixo hai unha carnicería destas que se adiota chamar “de toda a vida”. A carne hai que encargala ou ir pola mañá antes das doce, senon tes que esperar ao día seguinte, porque como di o carniceiro, alí véndese ao día.
Moi creativo este señor! Os carteles que ten pegados no cristal da porta, no do mostrador ou en calquera parte, cada cal o máis orixinal.
O ano pasado o entrar non puden menos que pararme a ler o reclamo na porta que decía literalmente: “Hay leche fresca, espere, se muxe la vaca en 5 minutos”.
Dentro, encima do mostrador, había unha caixa con escritos en trazo firme nun lateral: “Hay fío para chourizos” e un anaquiño máis adiante: “Hay fío de antes de la guerra”. A min este enunciado deume que pensar. Só con mirar o contido da caixa, grísaceo, como recién chegado de ultratumba, facíame arrepiar e quedeime coas ganas de saber de onde sacaría o carniceiro o fío de antes da guerra.
Estas últimas vacacións ficemos a casi obrigada visita anual a carnicería. O leite fresco xa se esgotara. O cartel fora trocado por outro: “Se matan becerros para particulares”. Dentro, a caixa do fío seguía no mesmo lugar.
Desta vez non puden conter a curiosidade.
-Logo onde atopou o fío este de antes da guerra?
-Este é o fío de sempre. Chámolle eu así porque se vende mellor que o moderno.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
¡Bonita vivencia Gel! ¡Hay que ver lo que es la propaganda...!