FONTE, ABREVADEIRO E
POZO DE LAVAR: Conxunto de tanta importancia e trascendencia na vida de cada pobo...
Aspecto onde novamente hay que estar orgullosos dos logros do Concello e Alcaldía de
Verea, por o que de restauración e mantenemento se lle fai a este conxunto de grandísima importancia en cada pobo, pra xentiña, pra facenda e pro "quehacer" das mulleres que levantaron as
familias a pesar dos malos tempos...
A miña nai Aurora do Isauro, e as tías (
Flores do Enrique e Teresa do David), collían a auga da fonte que brotaba ond´o lameiro do fondo do Belosal, onde eu e mais meu hirmau Benito a carrábamos pra
casa; (era esta unha auga que debía vir de moi fondo, porque no inverno era caxe que tibia, e no brau era fresquiña coma se viñera do
monte grande...); nin faían as mulleres da nosa
familia uso continuo do "pozo da fonte", porque tiñan un pozo familiar entr´as hortas e os "tacos", onde lavaban e onde eu caín e a punto estuven de afogarme se non se lle ocurrira a tía Teresa mirar car´o pozo... (que por ser xorda non me escoitou); pero as nosas
vacas abrevaban nese abrevadeiro cando pasaban pra "Mouteira" ou cando viñan dos
campos de Mateu ou de Cabastueiro, ou da Lama do Muiño... ou de arar ou de traer toxos do monte grande..., así com´as dos outros veciños.
Así mismo, nesa
plaza do pobo que estaba o pe da casa do capador (entre a do capador e a do Pités), reuníase o rebaño das
cabras de Nigueiroá... como se xuntaban frente a casa da Amadora, ou máis ben entre a da Amadora e a dos Periquitos, as cabras "do lugar", ou sea as dos veciños mais alá do forno.