O Forno de Nigueiroá por dentro, VEREA

Ven coidado e restaurado, o noso forno, noso de todos os veciños de Nigueiroá, que elí coceron e cocemos o pan e tamén as empanadas, e os roscós de Corpus, como non volvín probar outros.
Deste forno, saían as grandes fogazas de pan... tan negro com`o centeo e tan suculento com`o millo que levaban.
Elí faíanos a nai "boliños pros nenos" e as veces faíos preñados, metendo nun pan pequeniño (antes de metelo no forno) un anaco de chourizo da casa...
Tantos vos recordos me trai ese forno.
Ei de decir, sen embargo, que tiñamos un camiño mais corto, pra ir do forno a nosa casa e tamén da casa pr´o forno, por o Belosal (o camiño vai, xusto desde a porta do forno, por o Belosal, cara as hortas e casas "dos do Julio", que ahora non sei por que, ten un estorbo no medio, un canastro atravesado no antiguo camiño veciñal; digo "os do Julio" porque así se chamaba a nosa familia, poque Julio era o meu bisabo; o noso bisabó Julio e tamén bisabó do alcalde de Verea, D. Juan Antonio Matínez González, por ser pai da miña aboa Pura e do seu abó Juán; e por eso que se chamóu Julio o seu tío, tristemente ido, que era, xunto co seu pai Guersindo e a sua tía Elvira e a sua nai Constantina, e meu pai, os exponentes mais bos e rectos e honrados de cantas persoas coñecín, aparte d`os que teño ahínda mais achegados, como a nosa nai e tíos, o meu marido e os nosos fillos. O meu abó materno Benito Piugín, abó tamén de meu hirmao, das primas Milagros e da Loliña de Ponte Grande e demáis primos carnales, e capítulo aparte, en emprendemento, en listeza, en traballador e garimoso e fiel, o que non se pode decer sempre de tod´a xente...
(2004)