Lémbrome de nena destes dous persoaxes que ían pedir, polo San Mamede de Portela, unha cunquiña de caldo quente. O Pachín morreu queimado, malpocado, na súa chabola. Era parviño e probe, dúas das piores desgracias que lle poden acontecer ó ser humano. Agora, xa de vella, venme ó maxín a miseria daqueles tempos e a xenerosidade da xente que repartía o pouco que tiña con aqueles que non tiñan ren. Agora penso que o egoismo estanos a afogar. Eso si que é miseria.